Tí es @ visitante número:

26.11.06

Hispanidade Fútbol Sala, a historia

Un pequeno resumo da historia do clube






2005 /2006


O AutoEscuela Hispanidad nace a finais do verán do 2005, aínda que levaba en mente de moitos dende xaneiro do mesmo ano, como prolongación na categoría cadete do xa desaparecido Carnnova 2000. Créase coma un equipo de amigos que adoitaban reunirse na Praza da Independencia viguesa, e xogaban ás pachangas das tardes da pista do Instituto do Castro.
Moitos xogaban en distintos equipos, tanto de fútbol coma de futbito, pero xúntanse para crear o Hispanidad sen ánimo de lucro.
Inscritos no Grupo 4 da Competición Viguesa, nace o equipo cun só obxectivo: divertirse xogando ó fútbol sala.

Curiosamente o debut foi no campo do San Miguel, do mesmo barrio, no partido logo considerado “derbi”; na mañá dun sábado de finais de outubro. No banquiño sentaríanse Uxío Villar e Chisco Arosa para dirixir a un equipo formado por Aldo, Antón, Andrés, Cañada, Adrián, Nico, Fer e Berto Sánchez.
O Hispanidad gañaría por catro goles a oito, con catro goles de Antón e tamén con goles de Andrés, Fer, Nico e Adri. O primeiro gol da Historia do Hispanidad marcouno Antón cando se levaban menos de dez minutos de partido (supuxo o 0-1).

Nas dúas xornadas seguintes o Hispanidad aupouse ó alto da clasificación con sendas victorias sobre rivais doados coma eran o Picacho e ANPA IES Beade ( 14-0 e 15-0, respectivamente). Logo destas vitorias, perdeu nas duas seguintes xornadas contra os conxuntos máis fortes da categoría, Don Bosco e CD Mosteiro, perdendo así case tódalas aspiracións ós plai-offs pola Liga.
No inverno chegou a primeira fichaxe, Brais Rodríguez, primo de Antón e compañeiro de instituto de moitos do equipo. "Sito" para os amigos, debutou coa blanquiazul contra o Celso Emilio, facendo tres goles e dando dúas asistencias, nun partido que moitos non esquecerán (5-3 a favor do Hispanidad).
A segunda volta foi prácticamente cas mesmas victorias que na primeira e cas derrotas contra o Don Bosco e CD Mosteiro. Cabe destacar a fichaxe de Diego Bueno na defensa, o que aportou moitísima solidez.

O equipo quedou terceiro do Grupo 4, ascendendo a Primeira División.
Acabada a Liga regular, chegou a Copa, e nesta competición o Hispanidad foi o equipo revelación. Quedou primeiro de grupo, invicto, e pasou a cuartos onde se atopou co Colexio Marcote, que lle vencera meses atrás. O Hispanidad mostrou a súa mellor cara e goleou o equipo colexial (15-4).

En semifinais tocaría o subcampión de Liga, o Don Bosco, e o soño non se fixo realidade, o Hispanidad caería no campo de Beade fronte a un conxunto moito mellor (8-2).

En Xuño do 2006 a participación no Trofeo Cidade de Vigo foi bastante mala, saldandose cunha vitoria e dúas derrotas, quedando ás portas das semifinais.

Especial mención para o equipo feminino, xa que o cadete masculino non foi o único que representou ao noso clube na Liga Viguesa. O Hispanidad FS feminino logrou grandes resultados nunha tempada no que tódalas xogadoras eran de primeiro ano. O seu mellor momento chegou có terceiro posto no Torneo de Chapela.


2006 / 2007

Durante ésta tempada, cun montón de caras novas, o Hispanidade FS estreaba adestrador, pois Marcos Gregores "O Jefe" facíase cargo do equipo, que rematou cuarto clasificado en primeira división. A súa estrea non puido ser millor, xa que o equipo se alzaba en plena pretempada coa I Edición do Torneo de Bouzas, pasando por encima de equipos como o Bouzas FS, Atlético Villar e un sorprendente 0-5 ao Cometal - RC Celta de Vigo. Ademáis de recibir o trofeo de Campións de mans da concexala Lucía Molares, Aldo Dagraza recibiría o trofeo de Mellor Porteiro do torneo de mans de Joan Balagué.

A tempada transcurríu sen pena nin gloria para os branquicelestes, con Andrés Pernas como máximo goleador por segundo ano consecutivo e sen lograr pasar de Cuartos de Final en Copa, onde o CD Mosteiro se encargou de acabar coas aspiracións dos nosos nun partido accidentado.

Hai que destacar que os nosos xogadores Jaime Agujetas, Andrés Pernas e Aldo Dagraza recibiron a chamada da Selección de Vigo para probar, e só Nes e Aldo formarían parte dese combinado, aínda que Andrés Pernas, por mor dunha lesión, non puido debutar no Campionato.

2006 / 2007

Cecáis a mellor tempada na historia do noso clube foi ésta, na que de novo estreaba adestradores (a dupla Suso Recouso - Aldo Dagraza), e unha plantilla completamente remodelada. Unha nova xeración de alumnos do IES do Castro serían a principal arteria do equipo, liderado por Álex Reza e Álex Martín.

O equipo comezou renqueante por unha pretempada escasa, máis co tempo colleu soltura e foi quen de chegar até a segunda posición da táboa, e pasando por riba do campión, o CD Montecastelo, na ida e na volta, iso non foi suficiente para alzarse có título.

Na Copa, o HFS pecaría de confianza e caería eliminado en Cuartos polo Fonte do Galo, nun partido que o Hispanidade deu por gañado facilitándolle a remontada aos fontistas nos derradeiros minutos.

E no verán, ésta xeración de xogadores deslumbraría a todos no Torneo Vila de Redondela, onde chegou á final cun moi bó xogo, caendo na mesma contra os anfitrións, o CB&C Redondela (4-2).

Pero o máis relevante da tempada foi a escolma de Aldo Dagraza e Suso Recouso por parte da Federación Galega coma seleccionadores de Vigo, e a convocatoria de cinco xogadores do noso equipo para o combinado: Álex Martín, Álex Reza, Bombi, Adri Moreira e Marcos Sarmiento.

O equipo olívico caería eliminado despois de gañarlle a Ourense nun partido de infarto (7-6) no Central das Travesas, con gol de Álex Martín a falta de 30 segundos; empatou contra Pontevedra nas Travesas (4-4) deixando escapar unha vintaxe de dous goles, e finalmente caendo fronte Lugo con moi mala sorte (3-2) nun partido con dous goles en propia portería dos vigueses. Algo histórico foi tamén a chamada do seleccionador galego a tres dos vigueses, entre eles o noso xogador Álex Reza, que despois de adestrar coa "Irmandiña" durante un tempo rexeitou ir ao Campionato de España por motivos persoais.

ACTUALIDADE: Nestes momentos o HFS non conta con ningún equipo, máis esperemos ver cedo en acción aos nosos.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet