O Hispanidad impúxose no pavillón do Colexio Cluny sen un xogo espectacular e con pouca efectividade; neste partido, o porteiro do Cluny consagrouse.
O equipo de Gregores comezou moi metido no partido, chegando moito á meta local pero sen conseguir marcarlle o agraciado Cristian. Nunha xogada, nunha excelente xogada Crespo, que hoxe estreaba brazalete (Aldo comezou no banquiño), abriría o marcador.
Minutos despois, o Cluny roubaba o balón no seu campo e marcaría a un Fer que nada puido facer (boa actuación do porteiro hoxe). Agujetas marcaría cun tiro raso que petou nun defensa, confundindo ó porteiro, 1-2.
Posteriormente, nun saque de córner Vene metería a puntiña para facer o 1-3. Bertolito tamén marcaría e Jetas marcou un segundo gol. 1-5 no descanso.
Nesta segunda parte, máis do mesmo, bo xogo do Hispanidad e pouca pegada. Nunha xogada de corner o Cluny acortaría distancias.
Minutos despois, o árbitro inventouse un penalti no área do Hispanidad por suposta man de Crespo. Penalti que ninguén quería tirar no Cluny.
Ó final entrou, o dianteiro que o tirou enganou a Aldo (que saíu por Fer no descanso).
Nes puxo a guinda cun bello gol que adicou á súa moza e amigos presentes nas bancadas, e a Aldo daríalle tempo a parar un doble penalti para quitarse a espiña do penalti.
Agora parón navideño ata Xaneiro; o día 13 o Hispanidad xoga como local fronte ó Fonte do Galo, na zona baixa da táboa, e o día 14 xogarase o partido aplazado (Hispanidad - Construccións B & C).
No hay comentarios:
Publicar un comentario