Celta de Vigo 6 - 1 Hispanidad FS
[ Hispanidad : Aldo ; Antón , Estévez , Vene (1) e Nes - cinco inicial - André , Jetas , Bertolito , Javi Suca ]
O partido antoxábase partidazo, pero nada de iso. Goles houbo, e bastantes; sete por parte do Celta e ningún pola parte do Hispanidad se contamos con que o gol do equipo visitante foi en propia meta.
O Celta comezou gañando, e o Hispanidad empatou pouco despois nunha falta lanzada por Vene que desviou un defensa. Logo Marcelino inventouse un golazo pola escadra de Aldo e errou un penalti que mandou ás nubes. Jacobo aumentaría a conta e cun 3-1 iríase ó descanso sen que o Hispanidad dese mostras de fútbol sala, e sen tirar a penas á portería defendida por Uru.
Na segunda metade, o Hispanidad "achuchou" máis o equipo celeste pero sen concretar ás xogadas, e ó Celta sentenciou á contra con dous goles máis de Marce e un de Jaco.
Ao Hispanidad esfúmanselle as posibilidades de ser campión de Liga.
2 comentarios:
Eu asistin o encontro Celta de Vigo"A"-Hispanidad FS non houbo resistencia por parte do clube visitante xa que a calidade que atesoura o Celta nas suas botas esta moi por enriba da maioria dos equipos locais da zona. Dito isto soamente comentar que a praza do campionato galego esta xa ocupada.
Máis que a calidade que atesouran nas súas botas eu destacaría o seu xogo en equipo, e iso sen adestrar nunca poderemos igualalo.
Que o Celta ten o Campionato gañado, case que é algo seguro. Dende logo nós non creo que lle recortemos a vantaxe (7 puntos)
Publicar un comentario