Tí es @ visitante número:

16.2.07

Crónica Amigable [ Gleming FS 1 - 2 Hispanidad ]


O GLEMING PLANTOU CARA AO HISPANIDAD NA ÚNICA PARTE QUE SE XOGOU (1-2)
O mal tempo impedíu finalizar o partido, que se suspendeu no descanso por mor da constante chuvia e o risco de que os xogadores esvarasen no campo mollado.
Adiantou Crespo aos de Hispanidad cun gol de xogada en equipo, para que Jorge Piñeiro "Nhepas" empatase o encontro cun tanto no que se foi de medio equipo e chutou por baixo a Aldo.
Logo Crespo, outra vez, adiantou ao Hispanidad cun fenomenal gol de volea cando parecía que o balón saíra pola liña de fondo. Ese gol foi o que pechou a conta; aínda así, o Gleming puido empatar e incluso gañar un partido no que errou moitas oportunidades diante da porteria do Hispanidad, ante a mirada atónita dun Hispanidad pasivo e sen tensión.
Noutouse a calidade de amigable e as baixas do Hispanidad.
Ficha Técnica:

GLEMING FS: Figue ; Mateo , Nenu , Nhepas e Solla

HISPANIDAD: Aldo ; Raúl , Estévez , Antón , Crespo - cinco inicial, tamén xogou: Fer.
GOLES: 0-1 Crespo ; 1-1 Nhepas ; 1-2 Crespo
ÁRBITRO: Jean Franco Pacheco
OBSERVACIÓNS: Partido Amigable, disputado na pista do IES do Castro vigués ante unhas 25 persoas. O partido foi suspendido no descanso pola meteoroloxía. Ningunha amonestación nun partido sen faltas practicamente.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet