O HISPANIDADE, A FALTA DE PECHAR ALGÚNS FLECOS, DA POR PECHADA A PLANTILLA CADETE DA TEMPADA 2007/2008
A continuación, a relación de dorsais que lucirán os novos xogadores (tan só Bertolito é unha cara coñecida) que intentarán superar o listón (alto) que deixaron os antigos cadetes nas pasadas tempadas. De primeiras, o equipo adestrado por Suso Recouso con Aldo Dagraza de segundo de a bordo só se plantexa unha meta: a permanencia en Primeira División. O resto xa chegará...
1 - Seoane
2 - Marcos Sarmiento
3 - Antoñito Fontán
4 - Sergio "Bombi"
5 - Germán Otero
6 - Guille Crespo
7 - Adri Moreira
8 - Jaco Martínez
9 - Álex Martín
10 - Bertolito Covelo
12 - Iago Cobela
13 - David Pernas
14 - Antón Gomes
15 - Alejandro Fernández
Non hai moitas novidades, seis xogadores do Independiente de fútbol once, despois de eses seis engadíronse fichaxes de calidade e por último e non menos importante pechouse a continuidade de Bertolito no cuadro hispanidense, sendo o dorsal 10 e capitán por antigüidade (na lembranza está que Berto Covelo foi un dos fundadores do Hispanidade, pese a que non militou na primeira tempada do equipo por motivos extradeportivos). Con Bertolito chega Seo, o porteiro do Ureca que aporta unha seguridade na meta que de seguro que ninguén se lembrará de Aldo. (Buscarase un porteiro máis en caso de que Seo non poida acudir a tódolos partidos).
Sorprendente a inclusión final na lista de xogadores de David Pernas, Vivi, o irmán pequeno do mítico xogador branquiazul Nes. Pese á súa pronta idade (aínda é infantil) xa debutou có primeiro equipo do Hispanidade no Torneo María Auxiliadora, con derrota do noso equipo pero moi bó papel de Vivi, xa que foi un dos millores do partido.
Na vindeira semana pecharanse amistosos ou pachanguitas entre os xogadores para que Suso vexa ás súas mellores alineacións de cara ao debut en Primeira, un ano máis, no vindeiro mes de outubro.
PD: A parte de calidade, a beleza que atesoran os novos xogadores indica que tamén buscouse imaxe de cara ao "merchandaisin", así que tamén se espera un aumento considerábel na afluencia de público aos partidos do primeiro (é único despois da desaparición do Hispanidade femenino) equipo.
Despois das fotos de Aldo sen roupa, parece ser que Suso vai ser o vindeiro en quita-la roupa en exclusiva para esta web, iso sí, según palabras textuais: "se aumentan os comentarios".
No hay comentarios:
Publicar un comentario