O grupo vigués de rock, que leva na élite da música xuvenil viguesa tanto tempo coma o Hispanidade no fútbol sala (ambas entidades están fundadas arredor de 2005) patrocinará ao primeiro equipo do Hispanidade na súa web e no seu myspace, e serán os encargados de por himno ao sentimento hispanidense.
Os componentes do grupo (Benjamin Franklin, Otero, Charly e Pulpo) poránse a traballar en canto teñan un oco (actualmente están de xira, e este sábado actuarán no Contrabaixo Pub) para crear un himno interesante e pegadizo que poder cantar antes dos partidos e despois de gañá-los titulos.
Aquí vos deixamos unhas pezas da música deste grupo, que en breves porá á súa maqueta (Tu recuerdo) á venta nas mellores tendas:
Esperemos ver pronto ese himno do equipo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario