Tí es @ visitante número:

19.9.07

NOVO PATROCINADOR




O CAFÉ SUR - PEÑA CELTISTA BERGES PASA A SER O PRINCIPAL PATROCINADOR DO HISPANIDADE FÚTBOL SALA




A Auto Escuela Hispanidad será traspasada o vindeiro un de outubro, o principal patrociñador do equipo hispanidense deixará de existir por problemas axenos ao equipo. Non pechará, pero o seu nome cambiará e a presidenta do clube, Dona Felisa Valverde, seguirá traballando para ela, coma sempre. Desta web non quitaremos a publicidade daquela mítica Auto Escola que con ela na camiseta o Hispanidade xogou estes dous anos e amosou o seu mellor fútbol sala.


Despois desta triste noticia, hai que dicir que o Café Sur fai unha importante aposta polo noso clube ao facerse cargo de tódolos gastos da nova equipación do equipo cadete, que militará este ano na Primeira División. A cafetería, onde a xuventude pasa as tardes xogando ao futbolín e vendo partidos ou simplemente de tertulia, pasará a ser o novo centro de operacións do clube, así como centro social onde se realizarán as comidas, ceas e onde se quedará antes de despois do partido. A partires de agora falaremos do HISPANIDADE - CAFÉ SUR.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet