O EQUIPO NO QUE MILITAN CATRO EX-HISPANIDENSES, LÍDER DA LIGA INTERNA DO CASTRO
O Campionato Interno do IES do Castro xa leva dous xornadas, e xa hai un líder en solitario: o OJETE AVIZOR. Este peculiar equipo conta nas súas filas con Sito, Aldo, Antón e Raúl, catro xogadores que pasaron pola disciplina branquiazul do Hispanidade.
Na primeira xornada impúxeronse de maneira asombrosa (24-2) a un equipazo como é o TONHITOS FC, ante a atónita mirada do público que veía como á porteira do Tonhitos, Cindy Daiana Osorio, non paraba de recibir visitas polo seu área.
Aldo marcou 4 tantos coa estratexia de porteiro-xogador, Raúl e Sito outros catro cada un e An´tón marcou tres. O resto fóron obra de Anxo, Ruibal e Diego, tamén compoñentes do equipo.
Na segunda xornada o equipo branco (xoga coa antiga equipación do Hispanidade, patrocinado pola Auto Escuela Hispanidad) impúxose, tamén con claridade, ao equipo feminino que é a alegría da Competición, ás ÚNICAS (O antigo equipo feminino do HISPANIDADE FS, coas ex-xogadoras Lorena Giménez, Ana Mateo, Blanca e Emilia Albán, Irene Tejo ou Marta Mosquera, e algunha fichaxe de luxo como Cintia Domínguez) por un claro 21-4. Marcaron Sito, Aldo e Raúl (tres cada un) e o resto entre Anxo, Diego, Banny e Ruibal (Antón non puido asistir ao encontro).
Pola parte feminina, Irene Tejo firmou un valioso "hat-trick" con tres golazos, e xa no tempo engadido Marta Mosquera finalizou un contraataque cun gol de bela factura por tóda-la escadra local.
Tamén está ben comentar que outra vella gloria do Super Hispanidade milita noutro equipo desta Liga, trátase de Pablo Estévez que lidera ao equipo PERDIERON (Só xogaron un partido e gañaron sorprendentemente ao YO ANTES ERA MONTALBO por un apretado 7-5, con catro goles de Estévez).
A verdade é que polo de agora a Liga castrexa é un éxito, e sería unha alegría para o seo do noso equipo que un conxunto coas nosas camisetas se coroaxe campión!
PD:
No hay comentarios:
Publicar un comentario