Tí es @ visitante número:
22.11.07
Patrocinio 2007/2008
Nesta imaxe ofrecemos un plano detaiado do barrio vigués de Hispanidade onde poderedes atopar os tres principais patrocinadores do HISPANIDADE FÚTBOL SALA nesta tempada 2007/2008. (Premer sobre ela para ampliala).
O derradeiro en sumarse ao convenio foi TECNOFON, empresa líder do barrio en venda de electrónica e informática, sita na rúa Zamora. É o sitio idóneo para mercar cartuchos da impresora, cables, ou todo tipo de material informático.
O CAFÉ SUR, bar que asumíu a maioría dos gastos da equipación e foi o primeiro en involucrarse esta tempada co clube, é un exquisito lugar para ir a tomar algo cós amigos ou para ir só e disfrutar do bó ambiente. Conta cun ciber anexo e tamén cunha sala de futbolín, (na imaxe os capitáns do equipo Ali e Germán retan aos adestradores Suso e Aldo nunha partida ao futbolín, ante a atenta mirada de Fealex, Moreira, Bombi e outros asiduos do bar Café Sur; ao final gañaron os adestradores). O dito, un dos mellores bares do barrio e cun ambiente en familia.
Logo a de sempre, a AUTO ESCUELA HISPANIDAD. Que xa apoiou ao equipo os dous anos anteriores e este ano faise cargo tamén do patrocinio do OJETE AVIZOR na Liga Interna do IES do Castro. É unha das poucas auto escolas do barrio e ofrece un cen por cen de nivel de aprobados; o que xunto aos profesores titulados e amplitude de horarios forman unha das máis completas no seu servicio. Se ides conducir, primeiro sacade o permiso na Auto Escuela Hispanidad.
Como se pode observar, a vida do equipo xira maioritariamente arredor deste barrio. A maioría dos xogadores viven entre estes tres locales patrocinadores ou nas súas inmediacións e tamén o corpo técnico e ex-xogadores (Lembremos que Suso, Ali e Germán son de Coia City "a Cidade sen Lei"). O ideal sería que nun futuro non moi lonxano o primeiro equipo poidese disputar os seus encontros no IES do Castro ou na pista de Hispanidade... Un soño que a ver cando se cumpre!
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario