Xornada 2
O HISPANIDADE DA UN GOLPE DE AUTORIDADE
O Hispanidade - Café Sur impúsoxe hoxe a un dos equipos punteiros da categoría, o Colexio Alba, con un bo partido.
O equipo estivo hoxe dirixido por Aldo Dagraza, xa que Suso xogou de porteiro, e o novo míster estivo axudado en todo momento polos ex-xogadores do equipo Nes Pernas e Antón Conde.
O Hispanidade baseou o seu xogo nunha boa defensa presionando e saíndo ao ataque con toda-las súas bazas. Comezaron creando moito perigo con tiros lonxanos de Germán e internadas pola banda de Alexis, pero foi o Alba quen se adiantou no marcador cun bó gol de bolea. Os hispanidenses reaccionaron con máis ataque pero seguían sen marcar.
align="left">
Despois do descanso o Hispanidade seguíu intentando abrir o seu marcador pero non foi ata o minuto 13 cando Germán deu unha esquisita asistencia a Alexis para que este marcase a pracer. O Colexio Alba non perdeu a cabeza co gol e seguía defendendo, pero Alexis volveu a ter protagonismo cunha xogada persoal que tras moitos rexeites conseguíu meter gol.
Logo foi tempo de sufrir un pouco e intentar marcar o terceiro, pero non se conseguíu. Os primeiros tres puntos e unha vitoria sufrida.
UN POR UN
Suso: tivo tolerías pero en xeral vése que aínda está en forma. Un 7.
Germán: Estivo presente en todo momento na defensa e amosou por qué apunta ao brazalete de capitán. Un 8.
Alex: Aportou moita solidez defensiva e tivo un par de ocasións boas. Un 7.
Bombi: Comezou o partido frouxo, pero a súa segunda intervención no campo foi moi boa e roubou bastantes balóns. Un 7.
Moreira: Estivo hoxe de pívot por vez primeira e non o fixo nada mal. Aguantou o que puido e tivo constantes ocasións. Un 7.
Alexis: Dous golazos, inmensidade de boas xogadas, en Arxentina xa din que é o"o novo Maradona". Non estivo nada mal. Un 9.
Vivi: Hoxe amosou por qué está xogando nunha categoría superior, fixo moi bós pases e nos derradeiros intres unha xogada persoal que case acaba en gol. Xogou pouco pero moi ben. Un 7.
Aldo: Coas súas tácticas o equipo mellorou ostensiblemente e din que o Chelsea ven a por él no mercado de inverno. Polo de agora, fixo un bó planteamento e os chabales responderon.
No hay comentarios:
Publicar un comentario