Nesta xornada o equipo xogábase moito, xa que o partido era contra o terceiro clasificado, co que esta empatado a puntos, polo que o gañador do partido subiría na clasificación mentres que o perdedor quedaría un pouco descolgado da cabeza de liga. Este era o contexto ante o cal o equipo tiña que hacerlle fronte, ca dificultade engadida da presión da grada sempre existente en Coia City, aunque en esta ocasión e ante a importancia do equipo, a afección do Hispanidade non defraudou e acudiu cun número bastante amplo as instalacións do San Martiño.
O equipo tiña de novo o obxectivo de vencer e así poder adicarlle unha nova victoria o seu convalecente presidente que por motivos de saúde non pode acudir de momento ós partidos a apoiar o equipo, aínda así éste é informado das novas do partido a través do responsable de comunicacións do equipo.
Para este partido J.Re contaba con 9 xogadores pero isto non suporía que o encontro fose fácil de afrontar, xa que nada máis comezar o arbitro púxose meticuloso ca cor dos pantalóns e so pudo comezar con 5 xustos.
O partido comezou igualado aínda que con algo máis de dominio por parte do Hispanidad pero tras numerosas ocasións para os dous equipos a primeira parte rematou cun empate a 0 nos marcadores electrónicos do estadio. A segunda parte comezaba cun obxectivo claro: deixar un pouco de lado o Joga Bonito e tratar de conseguir a victoria, pero esta segunda parte complicouselle o Hispanidad que pasou de ter dominado o encontro a recibir numerosas ocasións, con varios disparos ó pao da súa portería. Aínda así tras facer novamente os cambios axeitados, nos minutos finales do encontro, o Hispanidad volveu a ter o control da situción e sería Moreira en primeira instacia o que abriría a lata cun potente disparo dende a frontal do área e pouco despois Alex o Feo ( Penelex) cun potente disparo de volea firmaría o 2-0 sentenciando o partido.
Polo tanto o presidente Aldo Dagraza Valverde pode sentirse orgulloso dos seus pupilos q tratan de ilusionalo nestes duros momentos que está a pasar, nunha rolda de prensa despois do partido J.Re asegurou: que en ocasións "temía coa chegada dun gol por parte do San Martiño, porque soubo aproveitar un momento de descontrol provocado polos cambios que fixen, sinto tamén non poder conceder máis minutos a algúns xogadores pero o partido estaba compricado, en resumo, voume contento pola victoria e a progresión aínda que penso que pudimos facer máis"
No hay comentarios:
Publicar un comentario