A VINTE SEGUNDOS DA GLORIA
O combinado vigués puido pechar hoxe a súa clasificación para a final do galego, pero un gol dos pontevedreses a falta de vinte segundos deixou o partido en táboas.
O partido comezou tolo e Vigo non asinou o mesmo comezo que fronte a Ourense, deixando espazos aos pontevedreses e saíndo a presionar moi arriba. Houbo un par de ocasións para cada equipo pero Pontevedra marcou o primeiro cun gol de falta dende fóra do área, cunha falta moi ben tirada.
Vigo deixoulle o peso do partido aos visitantes esperando no medio do campo e deixando aos pontevedreses sen recursos ofensivos, deixandóo todo para a segunda metade.
E á volta do descanso Pontevedra marcou o 2-0 nuha contra mal defendida polos nosos. Despois de sacar de medio, entre Moreira e Jaco tocaron o balón como quixeron ata que o primeiro marcou a pracer fronte ao porteiro.
Vigo púñase a un e Álex Martín facía o segundo local nun "barullo no área", desatando a locura nas gradas ben poboadas do Pavillón Frontón das Travesas.
Os vigueses non se achicaron e seguíron facendo o seu xogo, moi lonxe do xogo trabado da primeira metade, marcándose Jaco un partidazo en asistencias e manexo do balón. Álex Reza controlaría un balón no área e nunha fermosísima volea poría o 3-2 no marcador, e pouco despois o mesmo Álex marcaría o cuarto para o combinado olívico, nuha xogada en equipo.
Lonxe de pecharse atrás, os vigueses seguíron presionando e nas contras puideron aumentar a conta por dúas ocasións, primeiro foi Álex Martín o que mandou por riba da portería un cara a cara có porteiro pontevedrés e logo foi Fran.
Pontevedra marcaría o 4-3 nunha contra, tras varios erros defensivos, coa porta baleira, despois de moito intentalo, contando Vigo hoxe cunha portería estelar na segunda metade cun Manu pletórico.
Nos derradeiros minutos, tra-la expulsión de Fran por unha falta máis que necesaria (na que Manu voltaría a amosar que é un completo porteirazo), os pontevedreses volcáronse arriba, e a falta de vinte segundos e co partido case terminado, un trallazo imparábel colouse na rede viguesa sen tempo a reaccionar.
Hoxe non houbo miragre.
Hoxe non houbo miragre.
O mellor de todo é puntuar, xa que tras moitos bailes de informacións hoxe confirmamos que o Campionato Galego de Seleccións é a dous grupos e unha soa volta. Sendo o resultado do domingo un contundente 6-3 no partido Pontevedra-Ourense. Por tanto agora mesmo o líder é Pontevedra con 4 puntos empatado con Vigo (pero con dous goles máis de vintaxe), pechando a clasificación Ourense e Chantada que se enfrontaban hoxe.
Todo fai parecer que a final do Campionato decidiráse a fin de semana que ven, cando Pontevedra xoga o sábado en Chantada e o domingo fará o propio Vigo.
Todo fai parecer que a final do Campionato decidiráse a fin de semana que ven, cando Pontevedra xoga o sábado en Chantada e o domingo fará o propio Vigo.
Se os pontevedreses gañan, Vigo terá que gañar de tres goles máis que eles. Se Pontevedra empata, a Vigo servirálle gañar; e en caso de que Pontevedra perda a Vigo podía chegarlle un empate.
Para este xoves está previsto que os vigueses adestren nas Traviesas, xa que o para o domingo hai baixas e pode haber novas incorporacións. Tamén será mellor que os adestradores fagan unha convocatoria curta por que hai xente que non está a xogar case tempo, e iso non é nada procedente nas categorías inferiores.
Imos Vigo, aínda nos queda unha!
Ficha técnica:
Vigo: Anxo; Fran, Ali, Fran e Marcos - cinco inicial - Álex Martín, Moreira, Bombi, Jaco, Danny, Leo, Manu
Pontevedra: Néstor; Dani, Alvaro, Diego, Ángel, Diego, Aitor, Jose, Alex, Fran.
Goles: 0-1, Angel; 0-2 Angel; 1-2, Moreira; 2-2, Álex Martín; 3-2, Ali; 4-2, Ali; 4-3, Angel; 4-4, Diego.
Árbitro: Angel Larrán auxiliado por Juan José Delgado; boa actuación. Expulsaron a Fran Grosio de Vigo por doble amonestación. Mostraron cartulina amarela a Álvaro Sanjurjo de Pontevedra.
Incidencias: 2ª xornada do Campionato Galego de Seleccións, disputada na pista Frontón do Pavillón Municipal das Travesas ante uns 200 espectadores. Ali adicoulle os seus goles á Federación pola confianza e esforzo depositados en todo momento nos seleccionadores e os seus pupilos. Ao final do partido, as nais dos xogadores pontevedreses tiveron algún incidente nas gradas cos radicais vigueses pero non houbo que lamentar danos graves, a Policía Nacional non fixo detencións e seguidores coianos identificados polos xogadores vigueses botaron a correr antes de que as mulleres de Pontevedra os collesen (iso sí, a afección estivo durante todo o partido impecábel).
No hay comentarios:
Publicar un comentario