HISPANIDADE CAFÉ SUR 11 - 2 CDM BEMBRIVE
Álex Reza lidera con seis goles a un Hispanidade de pobre xogo nun partido histórico, o primeiro na historia do clube que se disputa no campo do IES do Castro.
O Hispanidade saíu ao campo con Antonio na portería (xa debutara ante o Treboada na primeira volta) e con Germán e Bombi en defensa e Álex Martín e Moreira arriba. O cinco inicial non foi capaz de perforar a portería rival, aínda que Bombi estivo cerca cun tiro ao pao dende fóra do área. Álex Reza fixo un hat-trick nada máis saír ao campo e logo deu outro a Diego, Álex Martín marcou o quinto de falta directa e Álex Reza puxo o sexto. Despois do descanso marcaron Bombi de penalti, Diego, Álex Martín e Álex Reza dous máis, encaixando dous goles o Hispanidade nas contras.
1 comentario:
jdoer....un aprtido esplendidoooo do dianteiro pichichi i kase nono nombras..pfff pffff madre mia.. k mal esta esta web...
alexxxxxxx xjodeteeeeeeee
Publicar un comentario