Despois dun período de ausencia na web, actualizaremos ca última xornada disputada.
O partido estivo a punto de suspenderse debido a chuvia que facía do campo, dificil xa de por si, en unha pista impracticable, pero a arbitro insistiu na idea de xogalo e de ahí o espectáculo dado polos dous equipos.
O Hispanidade para colmo de males presentaríase o partido cunha plantilla en cadro debido as ausencias por vacacións de moitos dos xogadores, indo así 5 xogadores xustos e sendo todos de campo. Tiñan o deber de gañar alternandose en cada parte o posto de cancerbeiro.
Na primeira metada defendería a portería Germán, co campo encharcado os locais chegarían a porse 3-0 cun gol ridiculo, no que Penelex sacaría de banda ó porteiro e Germán a metería entre as súas pernas de forma inexplicable. Despois anotaría Ligón o 3-1, asi o Hispanidade iría mellorando a medida que a pista secaba, disminuían as numerosas caídas e porteiro do carmelitas comezaba a ter graves perdedas de balón.
Con ese resultado chegaríase ó descanso, no que o Hispanidade poría a Diego na portería e Germán no campo. Con esa alineación o Hispanidade comezaría a facer maxia pese o estado do campo e comezaría unha remontada ata porse 4-5 por mediación de ALÍ (2 goles), Penelex e German (1 gol cada un) que se unirían ó marcado na primeira metade por Ligón.
Aínda o Hispanidade pudo ampliar a súa vantaxe pero o capitán, Germán, erraría un dobre penalti e finalmente o Carmelitas empataría cun gol en propia do Hispanidade nun barullo no área.
Así chegaríase o final nun partido no que o Hispanidade supliu as baixas con entrega e aínda mereceu moito máis de non ser polas circunstancias.
Agora...vacacións, momentos de relax e despois....máis hispanidade pa todos!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario