Tí es @ visitante número:

21.4.08

COPA DIPUTACIÓN




DE TOUR POR CINCO COLEXIOS DE VIGO

Hoxe publicouse o calendario da Copa de fútbol sala base, cuxos gastos paga este ano a Diputación de Pontevedra e por tanto da nome á competición. O Hispanidade mediráse a cinco equipos dos colexios da metrópole, en principio un grupo asequible: Martín Códax, Picacho - Celta de Vigo, IES Coruxo, Apóstol "B" e Carmelitas.

O único equipo de Primeira División e o que se presenta máis difícil é este último, o Carmelitas. O Picacho - Celta quedou 3º en Segunda División, e o Celso Emilio Ferreiro (2º) mostrouse moi superior, mentres que o Martín Códax, na mesma Liga, finalizou penúltimo. O IES Coruxo acadou a cuarta posición no Grupo B de Segunda e o Apóstol "B" aínda non gañou ningún partido na tempada, acadando a derradeira posición.

Na primeira xornada deste trofeo, o HFS CAFÉ SUR xogará de local ante o IES CORUXO, este sábado ás 10.00. A segunda xornada depara un CARMELITAS - HFS, no Colexio María Inmaculada, onde hai un mes o Hispanidade só acadou un empate (5-5). Na terceira xornada os celestes sairán a xogar a Peinador, ao colexio MARTÍN CÓDAX. O seguinte partido co HFS como local é ante o APÓSTOL "B" e a fase de grupos termina cun PICACHO CELTA - HFS.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet