SALESIANOS 4 - 7 HFS CAFE SUR. O PRIMEIRO PASO CARA O SUBCAMPIONATO XA ESTÁ ANDADO.
A derradeira xornada de Liga (queda o aprazado de mañá) foi case un trámite. O Salesianos, xa descendido, actuou de xeito que non parecese un equipo da parte baixa da táboa. Polo outro lado, o Hispanidade, sabedor da súa superioridade, actuou con máis tranquilidade e cun xogo pasivo, que permitíu aos colexiais crer ata os derradeiros minutos na remontada (dun 1-6 pasouse a un 4-6, e logo marcaría Álex Martín o 7º).
Moreira fixo un doblete, de golazos, nada máis comezá-lo encontro; os xogadores locais botábanse as mans á cabeza e Diego metíase ata a cociña para acudir á súa cita co gol; logo os xogadores do Hispanidade erraban ocasións, pero se notaba que no encontro non había moita tensión (mañá os xogadores teñen que estar a tope, e hoxe xogaron máis os que mañá non poden acudir). Finalmente Antonio, nunha contra, aproveitou un rexeite para colocar o 0-4 no marcador, co que os dous equipos foron ao descanso.
Polo comezo da segunda metade, todo parecía prexaxiar unha goleada do Café Sur, xa que Diego e Marcos facían boísimas xogadas de perigo que ou acababan en gol (Marcos 2) ou ían a parar ao porteiro. Sen embargo, a defensa baixou un pouco o listón e o Salesianos non deixou pasar a oportunidade, marcando catro goles nun abrir e pechar de ollos. Posteriormente, Álex Martín colaría un zurdazo dende fóra do área e os derradeiros minutos fóron para unha exhibición do porteiro local, que sacou polo menos 4 goles cantados.
Agora, a prepará-lo partido de mañá. A Federación de Peñas do Hispanidade Fútbol Sala está a organizar un amplo desplegue con megáfonos, bombos, pancartas e cánticos de ánimo aos xogadores, xa que si o Hispanidade consigue a vitoria, sería Subcampión de Primeira División, que non é pouca cousa.

No hay comentarios:
Publicar un comentario