Tí es @ visitante número:

5.5.08

Copa Dep. X3

O MARTÍN CÓDAX - HISPANIDADE, PARA O MARTES 13




Di o refrán que en trece martes, nin te cases nin embarques; máis o refraneiro popular non di nada acerca de xogar un partido en dita data. Así pois, a directiva do Hispanidade Fútbol Sala, cortésmente (non coma outras que impediron ao noso equipo xogar con garantías o derradeiro partido...), cedeu na tarde de hoxe á petición dos locais que tiñan problemas para xogar o sábado e aprazalo ao vindeiro martes.

Así pois, o vindeiro martes 13, na pista de devandito colexio, o Hispanidade busca pechá-la súa clasificación a cuartos case certificada. Unha anécdota sen importancia é que o derradeiro martes e trece (novembro do ano pasado) o seu delegado Aldo rompía a perna. Esperemos que esta data non sexa gafe para os nosos intereses.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet