CELTA PICACHO 2 - 4 HISPANIDADE CAFÉ SUR
O HFS pechou hoxe a súa clasificación a cuartos da Copa cunha vitoria de autoridade ante o segundo clasificado, que non fixo méritos ningúns para levarse o partido. Así, os celestes do Hispanidade pasan coma primeiros de grupo, contando os seus cinco partidos por vitorias e sendo o equipo que máis goles marca (43 en cinco partidos). Esperemos que o ritmo non pare.
Hoxe o Café Sur estivo mermado polas baixas, pero soubo amosar que aquí ninguén é imprescindíbel. Aproveitáronse moi ben catro contras, erráronse algunhas ocasións que poderían ter abultado máis o marcador e ao final o Celta marcou dous goles inmerecidos para maquillar o resultado. Moreira fixo o primeiro e o segundo, auténticos goles de "killer"; logo Bombi fíxose notar cun dereitazo dende 12 metros que pasou coma unha frecha e Marcos puxo o seu selo cun gol dende a liña de fondo, case sen ángulo.
Pouco máis, Champo non apareceu na primeira metade e na segunda tivo pouco traballo; o Hispanidade adicouse a tocá-lo balón atrás tipo rondo e o Celta metido atrás, coma se non se xogasen nada.
Incidencias: Champi; Álex M., Bombi (1); Moreira (2) e Marcos (1).
Non houbo cambios. Suso "Yisus" Recouso e Aldo Dagraza estrearon hoxe o traxe oficial do clube. Houbo uns 50 aficionados nas graderías. No palco de autoridades estaban Andrés Pernas "Nes", Antón Conde e David Cañada, míticos xogadores do clube, xunto a Sergio Ferreiro (un xogador de futuro) e Óscar Rodríguez (o enchufado do fillo do Presidente do HFS). Tamén houbo unha grandísima cantidade de mozas, hinchas do Celta Picacho, que fixeron que os rapaces saíran motivados. As nais dos xogadores do Celta puxéronse salvaxes ao rematá-lo partido, increpando ao colexiado do partido, que é humano e tamén pode ter erros, e en absoluto favoreceu hoxe ao HFS.

1 comentario:
C.Labor 7-3 Fonte do Galo
Publicar un comentario