Tí es @ visitante número:

18.6.08

Torneo A PAZ 03, xuño 2008

O CORUXO COMEZA CON BO PÉ


Aldo debutou onte co equipo verde, despois de sete meses lesionado. Xogou a primeira metade e non encaixou ningún gol, sen a penas intervir no xogo, rematando a primeira metade cun 0-0 no marcador. Na segunda, o Coruxo puxo as pilas e se adiantou por medio de Parreño e o Arrebato; o Fonte do Galo recurtou distancias, pero Arrebato de novo e Freire (2) finiquitaron a vitoria dos coruxistas.

Nos derradeiros intres do partido, os verdes mostraron unha alineación nunca vista anteriormente, con Aldo e Dani "Melón" en punta, amosando a súa calidade (sobre todo o segundo, menudas caralladas facía co balón nos pés, todo un "jugón"). Pero á parella de moda do balón (a onde irán Villa e Torres comparados con eles?) faltoulle o gol.



Agora, o 1 de xullo o Coruxo enfróntase ao CD A Paz 03 co seu mediático "Agüillas" coma centro de tódolos focos.

PD: Na foto, os dianteiros improvisados nunha concentración pre-partido.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet