Tí es @ visitante número:

28.7.08

Mercado de traspasos

Foto do plantel actual do HFS no Supermercado Moldes de Redondela, onde adoitaban pasá-la tarde cheándose de pasteliños cheos de graxa e calorías. O supermercado anunciou esta semana que farán un recurte de persoal ao deixaren de asistir os nosos xogadores, cós que facían o seu agosto en pleno xullo.






O futuro da maioría de xogadores do HFS está no aire, pero parece que podemos ter gratas sorpresas. Primeiramente Álex Martín pode que faga a pretempada có Coruxo FC de categoría xuvenil xunto a Pablo Parra e Yoni Pérez (e tamén con outro ex ilustre: Andrés Pernas "Nes"). Álex Reza non pensa deixá-lo fútbol e así fichará polo Vigo 2015 para asistir cando o fútbol llo permita. No Vigo 2015 coincidirá con Suso Recouso, Antón Brais Conde, Jaime Agujetas e Óscar Rodríguez, e tamén probablemente con Aldo Dagraza que fará ficha có equipo para asistir cando os seus compromisos llo permitan, xa é o novo adestrador do Coruxo FC na categoría cadete, xunto a Pablo Parreño, do Coruxo de Nacional A. Así, tres dos catro fantásticos míticos do HFS (Jetas, Antón e Aldo, falta Nes) voltarán a coincidir nos terreos de xogo, e pode ser que David Cañada, o fillo pródigo do Vigo 2015 que marchou pola porta de atrás, retorne ao seu equipo sendo o bombazo do verán.

Por outro lado Germán, Moreira, Bombi, seguirán co fútbol; e Antoñito continuará coa súa andadura polo Helios Zorka Básquet. Champi, así mesmo, soña con que algún equipo tivese ollo das súas paradas e conte con él para a vindeira tempada; do contrario, seguirá correndo pola banda do Independiente FC. De Diego aínda non sabemos nada. Ao final o proxecto do HFS xuvenil truncouse por falta de apoios e de diñeiro.

E o proxecto do HFS continúa adiante có que vai ser o sexto plantel do clube, o terceiro en Primeira División, por cuarto ano consecutivo. Estarán dirixidos por Suso Recouso e entre os seus asistentes poderán atoparse Martín "Uru" e Óscar Rodríguez.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet