Tí es @ visitante número:

2.7.08

CORUXO, CAMPIÓN DO TROFEO DO CD A PAZ 03




O conxunto de estrelas e ex-xogadores do CD A Paz 03, liderado por Álvaro Patas e adestrado polo mundial señor Ángel “Jalo/Agüillas”, sucumbíu na tarde de hoxe ante o poderío do Coruxo FC.

O CD A Paz tivo varias ocasións que non materializou na primeira metade e así o Coruxo adiantábase por medio de Jorge culminando unha boa contra. Pouco despois, Parreño marcaba un bonito gol cun forte tiro de falta. Os azuis escuros seguían intentándoo pero Patas non atopaba o gol na portería defendida por Aldo, aínda que pouco despois éste erraría nunha saída e un centro/pase remataría na súa portería.

Antes do descanso, o “killer” do área Dani Pedrosa aínda non aparecera, de modo que ao xogo ofensivo do Coruxo faltáballe unha chispa. E ao descanso co 1-2.

Na segunda metade Luís marcou o 1-3 rápidamente cun tiro desde fóra do área que Miniño non acertou a desvíar, pero o CD A Paz non baixou os brazos e o seu mediático adestrador intentou cambiá-lo rumbo do encontro cos cambios. Non o conseguíu. Pouco despois o colexiado (outro ilustre) don Paco deu por válido un gol pantasma de Artur e o partido estaba tolo. Parreño volveu marcar e tamén Pichu, agrandando a conta do Coruxo, e Melón entraba máis no xogo con contínuas internadas pola banda, bicicletas, canos e demáis “frivolités” para o asombro dos milleiros de afeccionados. Algunhas das carreiras pola banda finalizaban con ocasión de gol e outras con piscinazo do hoxe pívot, até que unha xogada persoal do crack provocou penalti. Este foi un momento clave do partido porque o míster (para desesperación de Dani “Melón”) encargaba a Aldo o lanzamento do penalti. Éste fixo o seu ritual, colleu carrerilla, abríu as pernas (ao estilo Cristiano Ronaldo pero a versión boa) e o balón colouse de miragre na portería xa que seguramente quería mandalo ao outro lado da portería, aínda así o gol supuso o sexto do Coruxo. Entonces a afección desatouse; os hooligans máis radicais situados nun córner gritaban o famoso “podemos” e ao partido quedáballe pouco. Pero foi entonces cando o señor Agüillas saltou ao campo e deu un mitin de deportividade, compañerismo e lle faltou o “united agains the racism” que dixera Casillas na Eurocopa.

Depois, o CD A Paz marcaría outro gol e Pablo pararíalle un dobre penalti a Patas que rematou desquiciado, mentres que o “jugón” do equipo local miraba cara á grada e dicía “papá, como sigas así, yo esta noche no ceno”.

O dito, todo un espectáculo.



CD A Paz 03: Miniño; Artur (2), Loren, Richu , Patas – tamén xogaron: Toni, Dani, Agüillas Júnior (que hoxe pasa de cear), Crack I (1) e Crack II.

Coruxo FC: Aldo (1), Jorge T. (1), Parreño (2), Martín y Dani – tamén xogaron: Pichu (1), Freire (1), Arrebato, Pablo.

Árbitro: Fco. Martínez “Paco”. Amosoulle cartón amarelo ao adestrador do Coruxo, Emilio, “el xa sabe por qué” e tamén a Dani “Melón” por reiterados piscinazos. Tamén ao porteiro local por unha falta sobre Pichu fóra do área.

Incidencias: ao rematar o partido, houbo un amago de pelexa entre hooligans de ambo-los dous bandos, nas portas do vestiario, pero todo rematou pacíficamente antes que que tivese que intervir as forzas armadas. Agora, o día 19 os xogadores irán ao acto a polas “cocacolas” que prometeu Ángel e as medallas que campións de esta competición veraniega.



Nota: esta crónica é totalmente en broma, e achégase en ben pouco á realidade (só que o penalti de Aldo foi un golazo é verdade), non vaia ser que agora lexa esto alguén da directiva do CD A Paz e se nos enfade. Un saúdo para os Jonys do equipo que saben que dende aquí os queremos moito.

4 comentarios:

Anónimo dijo...

jajaja eres un buen person, menuda crónica! jajaja


se cuece revancha.. xD.. paga jose angel la cena no ay fayo...! jaja

Anónimo dijo...

bueno he de decir ke mis intervenciones en el juego han sido claves...es clave ke recalke k no simule ninguna falta si no k fueron 4 claras infracciones d ls cntrarios al verse desbordados x semejante tecnika la mia...

PD:ESE PENALTI ERA MIO

Anónimo dijo...

Y yo debo decir que todo mi buen juego fue gracias a ti, que me habrías mas espacios que Torres en la Eurocopa.


PD: En realidad es mentira cabrón, que tu me quitabas el balón de los pies!

Anónimo dijo...

es ke tu con el balon en los pies eres peor k fraga cosiendo jajajaja no m jodas k no dabas una...y eso d k t abria huecos...tu no bajabas ni pa dios asi ke...xDDputo palomero xD

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet