Tí es @ visitante número:

15.7.08

Torneo de Redondela x2


O HISPANIDADE COLLE O TREN DA VITORIA


Hispanidade FS 4 - 2 UD Lavadores


Se mal pintaban as cousas despois do partido de onte, hoxe o HFS amosou a súa calidade fronte a un dos favoritos. Pese a comezar perdendo cun desafortunado gol en propia meta de Pablo Parra nos primeiros minutos, o equipo celeste arrasou co seu rival e cun par de xogadas de calidade mandou no marcador. Primeiro foi Germán, que hoxe xogaba lesionado e fixo un gol de xogada individual; logo Álex Martín adiantaría ao seu equipo cun tiro forte á escadra rival e na segunda parte o debutante Yoni pechou a conta cun doblete.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet