Tí es @ visitante número:

26.7.08

Torneo de Redondela x8 Final


FALTOUNOS POUCO


Blanco Mirou 4 - 2 Hispanidade fs


Para sé-la primeira final do Hispanidade nos seus tres anos e pico de historia, o Hispanidade estivo á altura e mereceu máis, pero o Blanco Mirou soubo aproveitar os seus agasallos en forma de goles. Os celestes saíron esperando no medio campo, roubando e saíndo ás contras descolocando totalmente á defensa local, pero non conseguíu materializar as ocasións. Ademáis, decisións precipitadas do árbitro na primeira metade e o nerviosismo dos xogadores fixo que a falta de 17 minutos o equipo vigués xa tiña 5 faltas acumulativas. Álex Martín adiantou aos celestes cun bonito gol e pronto o Blanco Mirou empataría despois dun barullo no área. Champi parou un doble-penalti a Javi, o premio Mellor Xogador do torneo, cinco minutos despois pero outro de seguido terminou en gol. Pablo Parra marcaría de rexeite de penalti (a Yoni) o 2-2. Co empate, o Hispanidade desperdiciou un par de ocasións moi claras de gol e o Blanco Mirou incluso tirou un tiro ao pao, facendo Champi tamén moi boas intervencións. Pero cinco minutos tolos ao comezo da segunda metade condearon ao Hispanidade. Con dous goles totalmente evitábeis o HFS caeu e non soubo levantarse. Seguro que foi cousa do efecto mariposa.

Aínda así, o HFS xogou con un só cambio e inscribíuse ao torneo con gañas de pasalo ben, algo que se conseguíu con creces. Hoxe mesmo, os xogadores pasaron una mañá no "spa" coma os profesionais, na piscina municipal de Redondela (e algún case precisa de manguitos para non afogar). Colgarémo-las fotos próximamente.

Lembrar que pode que este subcampionato sexa a derradeira vez que os xogadores visten a nosa camiseta e mais Aldo os dirixa, xa que todos collerán camiños distintos (excepto Suso) despois do verán.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

la mejor manera de acabar una temporada impresionanateee








i pichichi...x cietrto aora lla keda klaro para kien es el trofeo no.. ajajja

Anónimo dijo...

weno pos el 2º subcampeonato para el club este año

aldo a la 3ª va la vencida asi q ya stas buscando un torneo xDD

yo voy al q ay en agosto ese y si lo dices en plan serio vamos todos

jajaj



weno pos espero veros antes de q acabe del todo la temporada xD




by: champi

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet