UNHA ACTUACIÓN ESTELAR DE SUPER-PACO DEIXA Ó HISPANIDAD FÓRA DO CAMPIONATO GALEGO
Este Hispanidad sí que sabe xogar ó fútbol sala; éste Hispanidad ten unha das mellores plantillas da Primeira División.
Todo isto quedou amosado na mañá deste sábado, donde tan só o árbitro puido contra un Hispanidad desquiciado, e aínda así o equipo rescatou un meritorio punto.
O partido comezou lento, cun xogo ordenado, e igualado. Enfróntabanse o segundo contra o terceiro clasficado; en xogo: o Campionato Galego. O Hispanidad atacaría sen marcar durante a primeira metade e o Mosteiro faría o mesmo nalgunhas contras aisladas, que entre a defensa e o porteiro souberon cortar.
Nunha contra para os visitantes, Vene daría a asistencia para que Nes puxese a bola onde o porteiro non puidese chegar. Golazo e 0-1 no marcador.
O Hispanidad aguantou ata o descanso co mesmo resultado e incluso puido ser ampliado se chega a entrar un tiro de Vene que deu no pau.
No segundo tempo, Gregores fixo cambios e no se notou nun Hispanidad que seguía co dominio do partido. Dominio que notouse cando Javi Suca erraba un tiro e a continuación Raúl instalaba o 0-2 no marcador. Pero a xogada do 0-2 foi a xogada polémica da xornada. O árbitro, o famoso Paco, que xa acabara coas aspiracións ligueras do Hispanidad, dirixiuse ó banquiño local, expulsando a Antón, Nes, Vene e Perucho por supostamente pisar o campo na celebración do gol (o único que fixeron foi levantarse do banquiño coas mans en alto)
A partires dese instante, o Hispanidad adicouse a perder tempo, e a mover o balón sen presas e intentando meter un 0-3 que rematase definitivamente co encontro. Pero logo Covelo recibiría unha falta e Paco non dubidou en sacarlle o cartón azul por encararse, cinco expulsados en dez minutos.
Nunha falta ó borde do área o Mosteiro acurtaría distancias, e cunha contra aillada poría o 2-2. E iso foi todo... Un valioso punto dadas as circunstancias, nun partido no que o Hispanidad comeu enteramente ó Mosteiro, pero a Paco non lle apeteceu que gañasen.
A nota negativa puxérona os expulsados polo Hispanidad, que cheos de ira proferiron berros ó árbitro ó final do partido e houbo un amago de tangana en medio do campo. Lamentábel.
(NA FOTO: unha acción do encontro, na que o dianteiro do Mosteiro deulle unha patada na cara a Aldo, porteiro do Hispanidad. Pero neses intres a Paco non lle apetecía amosar tarxetas, ou quizáis por que o que deu a patada non levaba unha camiseta blanquiazul).
No hay comentarios:
Publicar un comentario