Tí es @ visitante número:

25.1.07

Previa [ Mosteiro - Hispanidad ]


O Hispanidad xógase as aspiracións de ir ó Campionato Galego ante un Mosteiro en racha



Éste sábado pode ser decisivo á hora de saber que equipo representará á liga viguesa no Campionato Galego. Se o Hispanidad gaña, a vindeira xornada sería decisiva xa que o equipo blanquiazul xoga contra o Celta de Vigo (que lle saca un punto). Pola contra, se gaña o Mosteiro, o Celta tería case asegurada a primeira praza da Primeira División e polo tanto a oportunidade de xogar o Galego.


Asemella que vai ser un partidazo, pois o Mosteiro vai segundo na clasificación con 21 puntos (non perde dende o 4 de novembro, fronte ó Celta) e o Hispanidad vai cuarto, cos mesmos puntos.


Para o partido, Marcos Gregores non poderá contar con Xaime Agujetas, por compromisos co seu equipo de fútbol, que xoga na Coruña fronte o Dépor.

Polo demais, non se presentan moitas baixas.



O CD Mosteiro ten un bo equipo no que Samu, xogador da Selección Viguesa, é o xogador destacado.




CD Mosteiro - Hispanidad FS

Sábado 27 de xaneiro, 10.00 h.

Pavillón de Bembrive

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet