Dous partidos disputou o equipo esta fin de semana; dous victorias.
HISPANIDAD FS 8 - 4 FONTE DO GALO
No primeiro, o Hispanidad gañou en Beade ante un frouxo Fonte do Galo, con goles de André (o debutante fixo dous bonitos goles), Vene (dous tamén), Nes, Antón, Javi Suca e Berto Sánchez.
O partido foi moi entretido, de ida e volta, e con incluso golazos (o de Nes foi de escándalo, foise de todo o equipo rival en catro metros cadrados).
A arbitraxe puido ser mellor. Dous dobres penaltis para o Fonte do Galo (que ningún tería que haber sido) e Aldo parou un mentres que o outro só víu como entraba.
HISPANIDAD FS 6 - 3 CONSTRUCCIÓNS B & C
O segundo encontro, disputado no Pavillón de Beade este domingo (aplazado dende Outubro), foi tamén de claro dominio blanquiazul. Comezou gañando o equipo de Marcos Gregores e xa non deixou escapar a ventaxe ata o final do partido.
Marcaron: Bertolito (2) ; Javi Suca (2) ; Estévez e Berto Sánchez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario