Tí es @ visitante número:

10.1.07

Previa [ Hispanidad - Fonte do Galo ]


PRIMEIRO PARTIDO DO ANO

O Hispanidad enfróntase, este sábado ás 12 horas no Pavillón do IES de Beade, ó Fonte do Galo, rival que xa lle gañara no Trofeo Cidade de Vigo do ano pasado.

O Fonte do Galo chega ó partido en postos de descenso, con sete puntos (só dúas victorias e un empate en seis partidos).
Aínda que poida parecer doado, o equipo visitante empatou co Carmelitas e venceu o Cluny e Alborada, así que o partido non vai ser cousa de "coser e cantar" para os pupilos de Marcos Gregores.


Ó Hispanidad afronta este partido coa baixa de Pablo Estévez por motivos persoais, e a de Covelo que ten unha lesión de larga duración. En principio non faltará ninguén máis, e pode que chegue a debutar a fichaxe André Estévez.






DEBUT DE ALDO NA SELECCIÓN

O noso porteiro non o fixo nada mal no seu debut co combinado Vigués, recibindo tan só un gol e facendo algunhas paradas de éxito. Vigo perdeu por 1-5 ante Ourense despois de adiantarse cun golazo de Marcelino, dianteiro do Celta de Vigo, ó que o Hispanidad enfrontarase en tres semanas.

Aldo foi o porteiro titular da Selección e luciu o número 1, e cambiouse por Fiou no descanso (porteiro que tamén faría intervencións de éxito ante as constantes acometidas ourensás)


Vése que en Vigo hai bos porteiros.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet