O HISPANIDAD sufre para dobregar a un A PAZ crecido
Hispanidad FS: Aldo ; Antón , Berto S. (1) , Nes (2) e Javi Suca (2) - cinco inicial -
Bertolito (1) , Nico , Jetas (2)
Sábado 20 de Xaneiro , Pista de San Martiño (Coia) 10.00 h.
O Hispanidad sufriu máis do previsto para superar ó penúltimo clasificado. Comezou perdendo cun gol de Diego, pero soubo remontar con goles de Nes e Javi. A primeira parte acabaría cun apretado 3-4 para os visitantes.
No comezo do segundo tempo, o Hispanidad mostrou a súa mellor cara, cun xogo rápido, ó primeiro toque, e facían dos xogadores da Paz meros espectadores. En dez minutos, o Hispanidad puxo un claro 3-7 , pero o áxil dianteiro do equipo local marcaría un tras outro tanto ata chegar a un apretado 6 - 7 . Jaime Agujetas desperdiciaría as mellores ocasións visitantes para escaparse no marcador e Nes faría o 6-8, para que nun contraataque A Paz puxera outra vez a mínima no marcador (7-8). O Hispanidad soubo parar o partido e levouse os tres puntos.

A SORPRESA DA XORNADA: CARMELITAS 5 - 5 CELTA
O equipo colexial sacou un punto de ouro na súa cancha ante o líder. O Celta foi gañando durante todo o partido, e nos derradeiros intres de partido Gabi marcaría o 5-5 final. Agora o Celta tan só ten un punto de vantaxe sobre o CD Mosteiro, Montecastelo e Hispanidad.
Pola súa parte, o CD Mosteiro, vindeiro rival do Hispanidad, endosou unha paliza ó colista (CDM 11-0 Cluny)
No hay comentarios:
Publicar un comentario