Tí es @ visitante número:

25.2.07

Crónica da Xornada

CELTA E MOSTEIRO EMPATAN MENTRES QUE O MONTECASTELO CAE DERROTADO



Ésta é a primeira tempada que se organizan os equipos vigueses por Divisións seguindo clasificacións anteriores, e a verdade e que está dando moi bos resultados. Se nos anos anteriores sempre houbo un claro favorito a levarse Liga e Copa (normalmente o que gañaba un título tamén gañaba o outro) e claros exemplos de iso son Tercer Tiempo, Colexio Mercantil ou o Don Bosco na tempada pasada.
Pero este ano, a Primeira División é moi reñida. Onte, o modesto Fonte do Galo gañou en Beade ante un aspirante ao título, o Montecastelo A (partido non exento de polémica) e o Celta empatou cun CD Mosteiro a priori moito inferior.

Quitando a paliza do Celta ao CD A Paz e a do Hispanidad ao Alborada, en Primeira non se acostuman ver goleadas. Os partidos son reñidos e ata os postos de descenso non teñen ocupantes claros a parte do Cluny e Alborada.

No Colexio Mosteiro onte houbo polémica por unha arbitraxe a favor do Mosteiro (¡Qué raro! ¿Non sería un tal Paco?). O CDM foi gañando todo o partido por un tanto a cero, e o Celta conseguíu sacar un punto a merced dun gol de Alexito nos derradeiros minutos.

A outra sorpresa da xornada deuna o Fonte do Galo, despois de impoñerse 3-1 ao Montecastelo. O partido foi suspendido cando faltaban dez minutos de partido.

O Fonte do Galo gañaba 2-1 e aínda quedaba moito partido cando o árbitro deu por válido un gol que entrou polo lateral da rede. Nese momento o adestrador do Montecastelo comezou a soltar improperios contra o árbitro, o que motivou a súa expulsión. Dende as gradas, continuaron os insultos, ata que o árbitro decidíu dar por concluído o encontro.

A Liga agora está moi apretada. O Celta sácalle sete puntos ao Hispanidad, tres ao Mosteiro e catro ao Montecastelo. Pero destes equipos, por agora só descansou o Hispanidad, por tanto a ventaxe podería ser reducida.

SEGUNDA DIVISIÓN LOCAL

O FS Gleming empata co Celta-Picacho, nun partido que puido haber gañado e deixou escapar nos derradeiros instantes.

FÚTBOL SALA FEMININO

O ED Poio gaña claramente ao Hispanidad en Balaídos. As chicas do Hispanidad non aproveitaron as suas ocasións e as do Poio non perdoaron.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet