Tí es @ visitante número:

28.2.07

Previa [ Hispanidad - Celso Emilio F. ]


O HISPANIDAD - CELSO EMILIO, ÁS DEZ DA MAÑÁN EN COIA
O partido, pertencente á 14º xornada de Primeira División, xogaráse no Colexio do equipo visitante, o CEIP Celso Emilio Ferreiro, pola xa coñecida falta de campo propio do Hispanidad. Será as dez, e partiráse ás 8.45 da Praza da Independencia.
Historicamente, o Celso Emilio nunca lle venceu ao Hispanidad. O ano pasado, na primeira volta, o Hispanidad gañou cunha boa actuación de Sito (2-5) e na segunda o C. E. Ferreiro recibíu unha goleada (13-3). Na primeira volta da presente liga, o Hispanidad impúxose 5-3 despois de ir gañando 4-0 e Aldo saíse mancado.
O Hispanidad necesita a victoria para seguir en loita co Celta e Mosteiro, e amosar que tamén pode ser campión.
Nesta xornada tamén, o Montecastelo visita o campo do Carmelitas, e se sae derrotado podería descolgarse da loita polo título (recordemos que o Carmelitas vai quinto, por detrás do Hispanidad).
O Celta xoga ás dez tamén, no Instituto de Beade, fronte a un Fonte do Galo que chega crecido logo de gañarlle ao Montecastelo.
O Alborada visita ao Mosteiro no seu colexio, nun partido no que os locais son claros favoritos.
Nun partido transcendental, entre dous equipos xa descendidos, o Cluny que busca mellorar a súa imaxe recibe no seu campo ao Redondela FS - Construcciones B&C .

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet