O CB&C Redondela pouco puido facer ante un Hispanidad que controlou en todo momento a posesión do balón, pero que non estivo moi acertado de cara a porta.
O primeiro gol foi visitante, Antón disparou dende fora, o porteiro rechazou o esférico e Bertolito só tivo que darlle un toque antes de entrar na portería.
Estévez puso o 0-2 minutos despois, ao culminar unha xogada entre Javi e el.
O Redondela acurtou distancias cunha xogada ensaiada de falta, e o Hispanidad reaccionou con dous goles (Estévez e Bertolito). A árbitra anulou un auténtico golazo de Covelo por que supostamente Estévez sacara mal de banda.
Un a catro no descanso. O Redondela saíu enchufado na segunda metade, e nos primeiros intres marcou nun contragolpe, e o equipo de Marcos Gregores contestou cun gol de Vene, coa axuda do defensa.
O Redondela volveu a marcar, esta vez por unha perda de balón de Bertolito innecesaria na área de Aldo.
Saíu Berto González ao campo e marcou un bonito gol, e o mal perder dos xogadores locales fixo que houbese un conato de pelexa. A arbitra, nin corta nin perezosa, amosou cartón amarelo a tres xogadores locais e dous visitantes, e expulsou ao xogador do Hispanidad Javi por un empuxón a un contrario.
A arbitra, que non o fixo mal no resto do partido, estaba empezando a cobrar protagonismo e unha vez máis anulou un gol de Nes (que foise do porteiro de boas maneiras) e pitou que o balón xa saíra pola liña de fondo.
Ésta permitíu tamén un xogo sucio aos xogadores do Redondela, con entradas sin estar o balón en xogo.
E xa nos derradeiros minutos, o Hispanidad cometeu a sexta falta, co consecuente doble-penalti, a especialidade de Aldo (o ano pasado tiráronlle trece e só lle meteron dous, e este ano leva un de catro). Dani, o defensa do Redondela, mandou o balón a un lateral da portería.
No hay comentarios:
Publicar un comentario