O partido, ás 13 horas, desputaráse en Beade e será moito máis difícil que os anteriores partidos (mentres que o Montecastelo loita pola Liga, os tres últimos rivais cos que se enfrontou o Hispanidad eran claros favoritos para o descenso).
O Montecastelo ven de gañarlle 7-1 ao penúltimo, o Cluny, e só perdeu dous partidos na Liga (Mosteiro e Celta). Na primeira volta os colexiais leváronse a vitoria nun campo en pésimas condicións nun partido no que ao Hispanidad non lle seguíu a sorte (xogou sen cambios no banquiño e nun campo empapado pola choiva).
Lembremos que foi no Colexio Montecastelo no partido que convocaron a tres xogadores nosos (e iso que foron a xogar só cinco...). Aldo, Nes e Jaime Agujetas fóron convocados polos olleadores alí presentes, esperemos que esta vez tamén lle saia un bó partido.
O Hispanidad recupera a Raúl González e Bertolito (que non xogan con Sárdoma e Santa Mariña respetivamente). Mentres que non sabe se participarán Jaime e André (o primeiro ten compromisos có equipo de Fútbol11 e o segundo ven arrastrando unha lesión nas derradeiras semanas).
Iso si, o que está claro e que o Hispanidad aínda con baixas pode gañarlle ao seu rival.
No hay comentarios:
Publicar un comentario