Tí es @ visitante número:

29.3.07

Previa [ Hispanidad - Cluny ]


O Hispanidad afronta éste sábado, ante o penúltimo clasificado, o seu partido número 40 na historia. Será no Pavillón do Colexio Cluny e coas baixas de Nes (non é segura) e Aldo.

O primeiro, posiblemente sancionado; o segundo, non estará en Vigo na fin de semana por motivos familiares. Aínda así, Marcos Gregores pode contar co resto dos seus xogadores.
A baixa de Nes non é segura, xa que aínda non saíu a folla de sancións da Delegación Viguesa da FGFS desta semana. Se houbese sanción pola súa expulsión na derradeira xornada, o Hispanidad presentará alegacións ante o Comité de Competición, ao considerar esa expulsión "inxusta a todas luces". Esperamos que ao final Nes poida xogar.
É a primeira vez nos dous anos do equipo que Aldo non xogará nin un minuto de partido, xa que participou nos 39 partidos anteriores, máis os tres do Trofeo Cidade de Vigo e os tres da Copa de Bouzas. Posiblemente a portería estea defendida por Fer ou André.
Outra baixa importante sería a de Andrés Pernas, Nes, se ao final se consuma a súa sanción. Sería a terceira vez que falta a un partido do Hispanidad, só superado polo dito Aldo e outro dos pesos pesados do equipo, Antón: que só faltou a un partido.
O Cluny ven de perder por 9-1 contra o Fonte do Galo, xa que o seu capitán e estandarte, o porteiro Cristian, atopábase lesionado. Aínda non se sabe se Cristian poderá xogar contra o Hispanidad. O Hispanidad pola outra cara, ven de gañarlle agónicamente ao Carmelitas, por un xusto 7-8.
Os xogadores están convocados ás nove da mañá na Praza da Independencia viguesa, e todo aquel que queira ir con eles ao partido deberá estar alí a esa hora.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet