Tí es @ visitante número:

24.3.07

Crónica [ Carmelitas 7 - 8 Hispanidad ]

VITORIA SUFRIDA, CON ADICATORIA ESPECIAL
O Hispanidad amosou hoxe nos primeiros minutos de partido o seu mellor fútbol. Presión e covertura, afogando a un Carmelitas que non sabía que facer co balón nin como saír do seu campo. Fer sacou unha boa man (hoxe foi titular en lugar de Aldo) na única ocasión clara que tiveron os locais, e pouco despois André marcaría dende o medio do campo cun zapatazo dos bós.

Pouco tempo despois, André outra vez daría a vantaxe aos hoxe adestrados por Roi García. Gol con adicatoria para Marcos Gregores, que se atopaba nas gradas.

Minutos despois, Raúl poría o 0-3 no marcador cun golazo dende fóra do área, e foron neses intres cando o Hispanidad relaxou o seu esforzo (Nes permitiuse errar un penalti de rabona que deu no pau, se o chega a meter era un auténtico golazo).
Nas xogadas en ataque dos locais, o Hispanidad sentíuse bastante máis incómodo que nos primeiros minutos, e Diego conseguía transformar en gol un erro de Fer. Jose acurtaría distancias para os colexiais e Diego empataba pouco despois. Dez minutos locos na primeira parte propiciaron o empate ante a mirada atónita dos xogadores blanquiazuis.
O Hispanidad, en vez de mellorar a súa presión, deixou escapar vivo ao Carmelitas no descanso (4-3).

Coa reanudación, o Hispanidad cambiou de esquema e puxo a Aldo na portería, Antón, Raúl e Bertolito pechando e Nes en punta, cun tres-un que tantas alegrías nos leva dado este ano. E funcionou.
Aínda que o Carmelitas conseguíu pórse a dous de vantaxe (outra vez Diego) o equipo visitante remontou grazas a Antón e Bertolito. De novo un empate e de novo gol de Antón, o Hispanidad adiantábase no marcador.

André, intentando perder tempo, errou nun balón fácil e Gabi puxo o empate de novo, para que na xogada seguinte Berto González marcase o definitivo gol da vantaxe.
Jaime Agujetas inventouse un golazo por entre as pernas do porteiro, e xa co tempo cumplido o Carmelitas recurtou distancias nun dobre-penalti que Aldo conseguíu parar pero non acertou no despexe, e Gabi marcou a pracer.

Vitoria importantísima que asegura o cuarto posto, e moi merecida e traballada. Ademáis, unha adicatoria especial: ánimo Marcos!
---
Ficha Técnica:

Carmelitas: Iago ; David , Gabi (2) , Diego (4) e Jose (1) - cinco inicial - Salva , Adrián
Hispanidad: Fer ; André (2) , Covelo , Bertolito (1) e Nes - cinco inicial - Aldo ; Antón (2) , Jetas (1) , Raúl (1) , Vene , Javi e Berto González (1).
Árbitro: Juan M. Méndez Vázquez . Amosou cartón amarelo a Gabi por parte dos locais e a Covelo e Jetas por parte visitante.
Expulsou con cartón azul directo a Andrés Pernas "Nes" por supostamente chamarlle "paiaso" a un contrario.
Incidencias: Partido desputado no Colexio Carmelitas ante uns 25 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria do pai do adestrador dos visitantes, Marcos Gregores (vídeo).

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet