Tí es @ visitante número:

4.3.07

Crónica [ Hispanidad 14 - 5 Celso E. Ferreiro ]


O HISPANIDAD VENCE E CONVENCE
O Hispanidad parece haber atopado o camiño do gol nesta segunda volta da Liga, posto que leva 33 nos dous primeiros partidos desputados (¡case 17 goles por partido!). Tamén é certo que os rivais non foron de grande identidade, dous equipos que loitan pola permanencia, pero iso non lle resta mérito ás goleadas do equipo blanquiazul.
O de onte foi un partido-exibición: moitos goles, moitas xogadas bonitas, varios golazos dignos de enmarcar...
O Hispanidad comezou o partido arrasando co Celso Emilio, que só vía como os goles entraban un tras outro. Logo houbo un amago de reacción dos colexiales, que meteron tres goles en dez minutos apretando o marcador (6-3) . Os equipos foron aos vestiarios co ventaxa visitante e ao dar comezo a segunda parte o Hispanidad deu un recital de goles (Nes marcou un de rabona, con cano ao porteiro incluído, que deixou a todos boquiabertos).
Javi destacou no partido, marcando cinco goles. Seguíuno Nes, con catro. Os dous Albertos do equipo marcaron dous cada un e tamén Adri marcou un golazo por tódala escadra dende máis de 10 metros.
FICHA TéCNICA:

Hispanidad FS: Aldo ; Antón , Bertolito (2) , Nes (4) e Javi (5) -cinco inicial- Berto González (2) ; Fer e Adri (1)
Partido desputado no Colexio Público Celso Emilio Ferreiro, ante uns 20 espectadores. Non houbo cartóns e os dous equipos mostraron un ambente de cordialidade.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet