UN GOL A TRINTA SEGUNDOS DO FINAL DEIXA AO HISPANIDAD SEN OPCIÓNS DE LOITAR POLA LIGA
É unha mágoa que este equipo non poida loitar pola Campionato, por que onte amosou que sabe xogar (e moi ben) a este deporte, pero faltoulle amarra-lo partido e quizais unha pouca de sorte.
Nuns primeiros intres moi igualados, Nes conseguíu adiantar ao Hispanidad rematando unha xogada en equipo. Pouco duroulle a alegría aos blanquiazuis xa que na seguinte xogada o Montecastelo marcaría o empate, nun tiro que desviou Antón (primeiro gol de rebote do día).
Pouco despois, Bertolito fabricouse un auténtico golazo que puxo en pé aos poucos afeccionados que se desprazaron ata Beade.
Colleu o balón no medio do campo e regateou aos seus contrincantes ata a liña de fondo, unha vez alí meteuse no área e entre dous defensores batíu por baixo ao porteiro dos colexiais. Unha auténtica xoia.
O Hispanidad levaba moitas faltas e despois do 2-1 cometeu a sesta, co consecuente dobre-penalti. Ésta vez si, Aldo non caíu na trampa e parou o lanzamento que podía haber cambiado moito as cousas, pois ao finalizar esa xogada, Bertolito marcaría o segundo nun rechace dun tiro de Jaime Agujetas.
3-1 e descanso. O Hispanidad pecou de confianza e ao voltar do descanso, un tiro que desviou Aldo co cóbado (ou co que puido) caíulle miragrosamente a un xogador do Montecastelo que só tivo que empurrala.
Os nervios estaban a flor de pel nos xogadores do Hispanidad cando Jaime colleu o balón no medio do campo e botou a correr, ninguén o parou e batiu por baixo ao porteiro visitante. Xa parecía que o Hispanidad o tiña máis doado, pero foi entonces cando o Montecastelo meteu un gol nunha contra e poucos minutos despois empataría grazas a outro gol de rebote (Antón intentou despexar e rebotou nun xogador contrario entrando na portería de Aldo).
Cun 4-4 no marcador todo podía pasar, e foi entonces cando chegou a polémica arbitral: Jaime fixo unha xogada espectacular e mandou un zurdazo que o defensa do Montecastelo mandou a córner... ¡Coa man! . O árbitro fíxo como que non vira nada e mandou sacar o córner. Covelo tivo nas súas botas tres ocasións máis e non soubo materializalas, pero o Montecastelo sacou petróleo dunha contra, a trinta segundos do final, que lle deu os tres puntos.
Foi sacar de medio e o árbitro voltou a comerse unha man clamorosa dos xogadores do Montecastelo. Un par de segundos máis e final, o Hispanidad xa non podía facer nada.
Agora, tan só unha quimera daríalle o Título aos de Gregores. O Celta tería que perder dous partidos, e o Hispanidad tería que gañar tódolos partidos restantes (cinco). Isto aínda así, tampouco serviría, necesitarían tamén un tropezo do Montecastelo.
Algo case imposíbel...
Se o Hispanidad quere gañar títulos esta tempada, tan só lle quedan a Copa e o Trofeo Cidade de Vigo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario