Tí es @ visitante número:

6.4.07

Crónica [ Hispanidad 15 - 5 Cluny ]


CON SETE GOLES, NES LIDEROU A UN EQUIPO QUE XOGOU OS CINCUENTA MINUTOS CON CINCO XOGADORES
Fernando, Covelo, Bertolito, Antón e Nes foron os cinco xogadores presentes o sábado no Colexio Cluny para xogaren contra o equipo do mesmo, e xogaron grazas a venevolencia dos xogadores do mesmo, xa que Covelo non tiña espinilleiras e o árbitro case suspende o partido (Poderán adiviñar xa de quen se trata... ¡Sí, Paco! E esta vez non arbitrou nada mal, aínda que se "comeu" un gol de Nes no acta do encontro).
O Hispanidad dominou todo o partido, con continuas ocasións ante un equipo que viña sen esperanza algunha de gañar e adicándose a recibir os menos goles posibles. Bertolito sacou a súa faceta goleadora, catro goles no partido (e xa van dezaseis), Covelo marcou outros catro, e logo Nes tivo o seu día, nada máis e nada menos que sete "chicharros".
Dende o ano pasado, concretamente dende aquel Hispanidad 15 - Picacho 0, Nes non facía sete goles.
Antón amosouse espléndido en defensa, pero aínda así o Hispanidad continúa coa sangría de goles encaixados (non é normal que a media de goles encaixados dun equipo que opta pola Liga sexa superior a catro por encontro).
Ésta vez, o Cluny fixo seis tiros a porta en todo o encontro, pero nótase a falta de continuidade de Fer baixo os paos.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet