Tí es @ visitante número:

16.4.07

Crónica [ Fonte do Galo 9 - 6 Hispanidad ]

O FONTE DO GALO IMPÓNSE EN XOGO E GOLES ( 9-6 ) A UN HISPANIDAD SEN CAMBIOS E CON POUCAS IDEAS

O equipo blanquiazul saíu ao campo durmido, e antes de faceren nin unha xogada de perigo, Aldo xa recollera o balón do fondo da portería. A dupla Nes-Agujetas púxose as pilas e rápidamente o Hispanidad empatou o partido, pero o Fonte do Galo voltaría a marcar despois dunha contra mal defendida (hoxe destas houbo moitas). Co 3-2 o Hispanidad xa levaba as cinco faltas, pero Aldo fixo o seu "baile" e volveu a parar un dobre-penalti.

Así ao descanso. Jetas saía do campo e entraba Vene. O xogador venezolán foi o que creou máis perigo no Hispanidad nos comezos da segunda metade, regalando a Nes dous pases de gol (o segundo cun control magnífico). Pero o equipo en xeral defendeu pouco, e encomendouse a Aldo e Antón, cousa que non soe dar bós resultados. Aldo parou un dobre-penalti e Vene marcou un penalti moi ben lanzado. Berto González errou ocasións coma non nos ten acostumados, pero este foi un mal día para todos, e un mal día o ten calqueira.


No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet