Tí es @ visitante número:

26.4.07

Previa [ Hispanidad - Mosteiro ]


O MOSTEIRO XÓGASE TODO; O HISPANIDAD: NADA
Despois da polémica suscitada a partires da aparición de fotografías en posicións obscenas do noso porteiro, éste sábado volve a Liga, e volve cun clásico: Hispanidad - Mosteiro. Os primeiros sen xogarse nada, teñen asegurada a cuarta praza da Primeira División, e prácticamente xa non poden optar a ascender posicións; mentres tanto, o conxunto amarelo, chega a dous puntos do líder e puidendo colocarse líder virtualmente.
Unha vitoria do Hispanidad daríalle automaticamente o título ao Celta de Vigo, e isto sería bo para os intereses do equipo xa que o vindeiro sábado enfróntase a o líder, que pode xogarse a Liga ou xogar relaxado co título no bolsillo.
No histórico de enfrontamentos entre as dúas escadras, o Mosteiro gaña claramente (tres partidos xogados, dúas victorias e un empate). Pero curiosamente, os partidos entre os dous equipos soen ser do máis polémico da tempada.
O ano pasado unha mala arbitraxe de Paco deixou fóra de Plai-offs pola Liga ao conxunto entonces dirixido por Uxío Villar e Chisco Arosa, despois de anularlle totalmente un gol legal a Antón e pitar tres dobres-penaltis moi rigurosos a favor do Mosteiro (3-2 para o equipo amarelo).
Na segunda volta, o equipo de Beade gañou por un claro 10-7, nun partido de locos no que o Hispanidad opuxo resistencia pero de nada servíu.
Pero até o de agora, o partido máis polémico foi na primeira volta desta Primeira División viguesa. O Hispanidad dominou o partido, defendeu moi ben as contras dos amarelos e a piques de finalizar a primeira metade marcou o gol que lle daba vantaxe (0-1 obra de Nes, o seu gol oficial número 50 coa camisola do equipo blanquiazul). Despois do descanso, o CD Mosteiro saíu tocado polo gol e Marcos Gregores sacou a equipa suplente ao campo para dárlle descanso a os catro titulares (sen contar ao porteiro) que necesitaría posteriormente.
Os teóricos suplentes, lonxe de arrugarse ante un rival de identidade, presionaron e dominaron ao CDM liderados por un sensacional Raúl. Un Raúl que faría o 0-2 antes de cumplirse o minuto dez; foi entonces cando estalou o problema: Paco sen anotar nin sequera a autoría do gol: expulsou aos xogadores do banquiño do Hispanidad (Nes, Antón, Vene...) por unha suposta invasión de campo no gol (a separación entre o banquiño e o campo en Bembrive é de menos dun metro).
E logo, cos mesmos xogadores toda a segunda metade, o CDM acurtou diferenzas e o Hispanidad non soubo matar á contra, ao final un 2-2 moi inxusto e esperemos que este sábado non volva a haber polémica.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet