VITORIA CON AUTORIDADE EN BEADE
Empezou o partido co CD A Paz moi metido no partido e co Hispanidad que se sentía extrano adestrado por José Luis Covelo e cun 2-2, un sistema poucas veces utilizado por Marcos Gregores. Os máis pesimistas auguraban un partido trabado para o Hispanidad (a vitoria na primeira volta foi pedindo a hora, cun só gol de vantaxe) e nada máis comezar Diego, o central da Selección viguesa, metía un gol de tiro cruzado dende fóra do área colocado alí onde o seu compañeiro Aldo non podía chegar.
O Hispanidad reaccionou moi ben, ao contrario da xornada anterior, e resarcíuse do gol local cun baño de xogo e goles de Vene e Berto González (tres cada un).
A partires de ahí o Hispanidad, moi ben situado no campo, dominaba e as poucas veces que o A Paz atacaba, Aldo e a súa defensa reaccionaban con autoridade.
Así antes e despois do descanso, pero a falta de cinco minutos e cun claro 1 - 10 no marcador, o equipo local sacou a casta entre Jonhy e Diego e logrou meter catro goles case de seguido. Logo Nes (que fixo tres tiros ao pao) e Bertolito pecharían a conta do Hispanidad. Final do partido cun contundente 5-12.
-----------
Ficha Técnica:
CD A PAZ 03:
David; Fernando, Isaac, Diego (2), Jonhy (2) - cinco inicial - Aaron, Alex (1), Gabriel e Jorge.
CD A PAZ 03:
David; Fernando, Isaac, Diego (2), Jonhy (2) - cinco inicial - Aaron, Alex (1), Gabriel e Jorge.
HISPANIDAD FS:
Aldo; Antón, Bertolito (1), Agujetas e Nes (2) - cinco inicial - Berto G. (3), Vene (3) y Raúl (3).
Aldo; Antón, Bertolito (1), Agujetas e Nes (2) - cinco inicial - Berto G. (3), Vene (3) y Raúl (3).
ÁRBITRO: Andrés García Freiría (Boa Actuación). Non amosou ningunha tarxeta.
OBSERVACIÓNS: Partido disputado no IES de Beade ante menos de 20 espectadores. No partido houbo moi poucas faltas (cinco en total).
----------
No hay comentarios:
Publicar un comentario