SAMBA HISPANIDAD
O Real Club Celta de Vigo - Fútbol Sala proclamouse na mañá de hoxe campión da primeira edición de Primeira División Cadete en Vigo (Título que automáticamente proclámaos campións provinciais, e dálles a oportunidade de loitar polo Galego).
A consigna era gañar (fronte ao modesto Cluny), e que o Mosteiro non gañase.
Aínda que xogaban ás once no Colexio Cluny, os xogadores celestes desprazáronse ata o final da primeira parte a presenciar o Hispanidad - CD Mosteiro, e quedaron abrumados: no descanso o Hispanidad gañaba 5-0, e podía levar máis vantaxe.
De feito, foi comezar o partido co saque do Hispanidad e Jetas xa creou a primeira ocasión de perigo, e aos 52 segundos de partido Nes marcou escorado entre as pernas do porteiro. O Mosteiro quedou descolocado ante tal golpe, e Jetas pronto atizou o segundo. Sen dar tempo a reaccionar, Nes meteu o terceiro e Jetas o cuarto (o partido era un monólogo destes dous cracks e outros tantos en defensa: Raúl, Bertolito e Antón)
O cuarto gol é digno de ver repetido, e de feito está grabado e poderán velo máis abaixo: pase magnífico de Antón a Agujetas, control de peito de éste, media volta con cano ao defensa e finaliza coa punteira alí onde o porteiro contrario non podía chegar. Un golazo.
Aldo non recibíu un tiro a porta ata mediada a primeira parte, e foron todos tiros sen perigo.
Despois do descanso unha relaxación do Hispanidad tremenda e o Mosteiro non soubo aproveitala. Marcos Gregores introducíu cambios e chegou o 6-0, obra de Jetas. Logo o Mosteiro meteu o 6-1 nunha contra, o Hispanidad púxose 7-1 e logo o Mosteiro meteu dous goles case de seguido.
E logo, outro golazo de quitarse o sombreiro: roubo de balón do Mosteiro no seu campo e saída ao contraataque, dous xogadores amarelos contra Aldo e Estévez. Pablo Estévez cortou o balón e saíu con él controlado, foise de dous contrincantes, fixo unha parede con Bertolito e caíndo ao chan só tivo que empurrala na liña. Nin forzas tivo de levantarse a celebralo.
Os derradeiros minutos do partido (segundo vídeo): o Hispanidad cometeu moitas faltas e dous dobres penaltis en contra. O primeiro Samu mandouno ao poste, e o segundo parouno Aldo. Entre tanto, o Mosteiro marcaba dous goles e maquillaba a tremenda goleada que lle infrinxíu un equipo que visto o que hoxe se víu, merece máis que un cuarto posto.
Agora, se o Hispanidad elimina a Los Sauces, terá que verse as caras outra vez contra éstes mesmos rivais.
HISPANIDAD FS (8) : Aldo ; Raúl , Jetas (4) , Bertolito e Nes (3) - cinco inicial - Berto Sánchez , Antón e Vene
Vídeo 1: Ao final do mesmo está o golazo de Jaime Agujetas
Vídeo 2: Derradeiro minuto de partido, con dous dobres penaltis en contra do Hispanidad e dous goles do Mosteiro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario