"NO HAI PA VICIOS"
O Montecastelo perdeu, un só punto dáballe ao Hispanidad a terceira posición; O Celta xogou de risas, pensando na Homenaxe que recibirían pola tarde nas Travesas; pero sen embargo, o Hispanidad non puido acadar nin un punto. Cousas da vida.
O porteiro do Celta, Uru, xogaba de dianteiro; Marce non saía de titular; Fran, o defensa, púxose de porteiro; pola parte do Celta: grande parte do filial.
Ao descanso, o Celta gañaba 0-1; a falta de cinco minutos, o Hispanidad remontara e gañaba 3-1, pero é que hai unha tradición que se está vendo nos derradeiros partidos que é a de encaixar a lo menos cinco goles nos derradeiros 5 minutos. Entonces esa foi a única historia do partido.
O Hispanidad dominou, tivo as mellores ocasións na primeira parte, sen embargo o Celta gañaba grazas a un churro en defensa. Cando remontou, dous golazos de Vene e un de Jetas (todos dende fóra do área), de un balón de Marce contra catro saíu un gol (só faltaban seis minutos). O Hispanidad seguía gañando, seguía terceiro. Na xogada seguinte, Marce para tres: balón morto no área, non chega Aldo, non chega a defensa e empate no marcador. O Hispanidad seguía terceiro... Unha cantada en defensa e "Sopa", xogador do Celta-Picacho, só tivo que empurrala ata a rede. O Hispanidad perdía, volta á realidade. Os outros dous goles son fruto da desesperación, non hai historia.
Non se pode dicir que os xogadores do Hispanidad non puxeran toda a carne no asador, pero hoxe errou algo, que esperemos que non pase na Copa...
Derrota para despedir unha tempada con moitas decepcións para o equipo, cecáis demasiadas, xa que aspiraba a gañala con éste equipazo e agora hai que conformarse cunha [meritoria] cuarta praza.
Agora temos a Copa de Vigo, na que o Hispanidad entra automáticamente en Oitavos de final. Logo virá o Trofeo Cidade de Vigo, e tamén falouse onte da posibilidade de ter un equipo do Hispanidad na Vigo Cup de fútbol 11.