Tí es @ visitante número:

22.8.07

HISPANIDADE 2007 / 2008



Ao final o contrato de patrocinio coa empresa Gestibérica non fructificou e o Hispanidade queda sen equipo en categoría xuvenil polo elevado custe da mesma e polo escaso tempo de maniobra despois da negativa dunha serie de empresas que en principio accederan a facerse cos gastos do equipo a cambio de patrocinio nas camisetas, na web, etc.


A actualidade dos xogadores que antano formaron parte do equipo é diversa, Nes fichou polo Kenzo Sport Marcote, de Liga Autonómica, e é un dos poucos xogadores do Hispanidade da derradeira tempada que vai seguir en activo no fútbol sala.
Aldo, a parte de formar parte do Cafetería Mercantil senior, está a punto de pechar un acordo cun equipo de Liga Local, despois de comprometerse co A Paz 03, pero o equipo ao final non terá representación en Liga Local Xuvenil.
Antón medita á súa volta ao fútbol once, e Agujetas e Raúl seguen nos seus respetivos equipos de "fútbol grande" (Celta de Vigo e Sárdoma respetivamente).
Bertolito fichou polo Racing de Castrelos, baixando o seu caché (lembremos que estivo en plantillas como a do Areosa, División de Honra), e agora é o líder do equipo do Monte da Mina.





Suso Recouso, novo adestrador dos cadetes



Con respeto ao Hispanidade, non morrerá. Unha nova xeración de xogadores está disposta a relevar aos Nes, Antón, Jetas, Sito, etc. Iso sí, ten o listón alto.
Xa está pechada a fichaxe do que vai ser o adestrador: Suso Recouso, o mítico porteiro do Don Bosco, despois dunha retirada dorada no Gleming FS, debutará como adestrador dirixindo aos cadetes este ano.
Cinco estudantes do IES do Castro herdarán a praza do Hispanidade en Primeira División, e Suso pretende traer fichaxes que aporten calidade e compromiso a esta nova etapa do clube.


O equipo necesita un porteiro, un peche con garantías e un pívot. Suso Recouso e a directiva do clube xa traballan nelo, e o Hispanidade non se pon un teito, pero o principal obxectivo será conseguir unha tempada máis a permanencia na Primeira División.
Aldo Dagraza fará as labores de auxiliar, ao mesmo tempo que espérase que Antón Conde acepte o cargo de segundo de abordo de Suso Recouso.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

como novo adestrador eu ainda que a directiva non se poña cotas tan altas quero titulos, na miña carreira estiven arriba moitas veces e esta non vai ser menos!!! traereia novas fichaxes que traian ilusion ao equipo!! tamen quero dicir o acordo por primas (non economicas) que o clube proporcionarame por obxectivos animame moito mais a consecucion de titulos.

Anónimo dijo...

Como Presidente, Vicepresidente, Vocal, Tesoreiro, ex-porteiro, ex-capitán, Delegado e psicólogo do clube (ao final van ter razón os que dicían "Piterman II") teño o pracer de darche a benvida a esta gran familia, e comentarlle ao público que o bó de Suso non ten salario fixo, pero sí por primas.

Se queredes fago como o Mou e o publico na web, o seu soldo por obxectivos como o de Gustavo López xD.


Abonádeos ao espéctaculo, Hispanidad Fs, máis que unha banda!

Anónimo dijo...

weno pos q decir q este ekipo va a llegar mu lejos con ese pedazo de entrenador el gran SUSO y sus grandes fichajes.tio despues de lo mal q lo pasaste....xD(creo q ya superadoo) espero q siendo el entrenador del hispanidad ganeis muchos titulos.weno ya os ire a ver algun dia aver lo q aporta suso y lo bn q lo acee.xD SUERTEE!!!!

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet