Parece que o culebrón de fichaxes de verán xa chega ao seu fin, e a última nova é o fichaxe de Aldo polo Coruxo FC. A comezos de verán, o porteiro hispanidense xa rexeitara ás ofertas de Racing de Chapela e CD Mosteiro, de Liga Local; e últimamente se rumoreaba que remataría no Treboada, pero despois de que o Treboada rompese o patrocinio co corpo técnico, Aldo rematou no equipo verdibranco.
En principio, e como é normal, Aldo xogará no B, que militará esta tempada en Liga Local con grandes aspiracións. No Coruxo A está Dani na portería, que ao ser un dos mellores porteros da categoría fai case imposible a aparición de Aldo na Liga Autonómica esta tempada. Todo virá...
AUXILIARES E RIVAIS
O primeiro fichaxe do Hispanidade foi Nes, por recomendación de Aldo, xa que coñécense dende os tres anos e son veciños. A fichaxe deu resultados en forma de goles, xa que Nes é o máximo goleador do equipo históricamente.
E agora, Nes e Aldo son compañeiros, os dous serán auxiliares de Suso Recouso no "BabyHispanidade", pero á vez serán rivais, despois da fichaxe de Nes polo Kenzo Sport Marcote, o eterno rival do Coruxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario