Estévez, Crespo e Aldo víronse hoxe superados polo Babyhispanidade
BABYHISPANIDADE 17 - 8 COMBINADO DE CRACKS
Hispanidade: Xabi ; Pedro (1), Alex (2), Sui (3), Marcos(3) - tamén xogaron: Moreira(3), Fran(1), Germán (1) e Antonio (2)
Combinado de Cracks do Fútbol Sala: Estévez; Antón (1), Pedrinho (1), Crespo(3) e Aldo (3) - tamén xogou Suso.
Observacións: Partido disputado na Miñoca Stadium, en Coia City (A Cidade Sen Lei) ante uns 23.000 espectadores (e dous mozas moi guapas). Boa climatoloxía. Partido sen faltas nin amonestacións. Cabe resaltar que houbo un gol fantasma de Aldo na primeira metade que foi anulado, despois de enganchar un potente disparo dende o medio do campo que pasou por riba do porteiro, deu na escadra e na liña e o porteiro sacouna cunha importante palomita.
O Hispanidade cadete asusta. Tanto que hoxe un equipo plagado de cracks como Pedrinho do Kenzo Sport ou Antón, Crespo e Estévez do Pereiró, tamén o recén fichado polo Coruxo Aldo, só puideron plantarlle cara na primeira metade.
Pouco hai que dicir desde amistoso no que os pupilos de Suso Recouso puxeron moitas gañas e motivación e os supostos cracks puxeron o xusto para un amistoso. Aínda faltan algúns flecos e hai moito tempo (a liga comeza dentro dun mes).
Alé Hispanidad Alé Alé...
1 comentario:
cabe resaltar as innovadoras ideas q esta a propor o corpo tecnico para captar diñeiro e as primas establecidas cos xogadores no caso de non perder ningun partido durante o campionato ligueiro...
Publicar un comentario