Tí es @ visitante número:

17.11.07

Xornada 4

UNHA VITORIA CON ADICATORIA ESPECIAL


Hoxe sábado ás 10 da mañá o equipo celeste dirixido por J.Recouso disputaba un dos partidos máis decisivos dende que comezou na segunda xornada a súa escalada cara ao primeiro posto. Enfrontábase nun duello apaixoante contra o Cabo de Peñas Treboada e precisaba gañar para manterse a tres puntos do primeiro clasificado, o Montecastelo, e subir por riba do propio Treboada na clasificación. Ademáis da dificultade deportiva do encontro, o equipo tiña unha baixa máis, Aldo, que como xa sabedes non podía acudir o encontro pola súa desafortunada lesión.



Pese ás dificultades que plantexaba de primeiras este partido, o equipo comezou a primeira parte do encontro moi metido no partido, sen erros en defensa e dominando, o único perigo que levou o Treboada nesa metade foi algunha contra aislada, nada que supuxera moito perigo ó marco do Hispanidad. Sen embargo, o gol non chegaría nos primeiros 25 minutos e ao remate da primeira metade o marcador reflexaría un 0-0.



Na segunda metade, trala charla de J.Recouso o Hispanidad saíu cn ganas ao campo, disposto a gañar o partido, auparse na clasificación e dedicarlle a victoria o seu presidente. E sería Germán, o capitán do equipo, o que tras unha gran xogada terminaría por bater por baixo cun disparo demoledor ao afortunado porteiro asta o momento. O partido sufriu un punto de inflexión nese momento xa que o Treboada tentaría remontar, pero o Hispanidad seguro en todo momento aproveitou dous despistes da defensa para anotar, en primeiro lugar Alex Pemán tras unha boa xogada en equipo e un bo disparo final, e en segundo lugar Marcos Ligón tras unha gran xogada individual na cal levouse a todo o equipo contrario. Así quedaría fixado o marcador nun contundente 3-0.



O Hispanidad levase así tres puntos valiosos, pero vase co mal sabor de boca de non anotar máis goles ante un rival que foi moi inferior en todo momento.



Ao rematar o encontro os integrantes do equipo foron visitar ao seu presidente á súa mansión presidencial, e fixeron entrega dun agasallo especial do equipo ao convalecente.





Notas Marca:


Germán: (8) O capitán tivo unha correcta actuación, anotando incluso un gol para abrir o marcador, aínda así no comezo estivo un pouco parado.


Alex o Feo (Pemán): (8) Correcto durante todo o partido, subiu e baixou pola banda demostrando o seu potencial físico, anotou ademáis o 2º tanto do partido.


Alexis: (8) bo partido da figura do equipo, cunha espectacular primeira parte e algo máis discreto na segunda metade, errou un par de pases comprometidos pero ben en liñas xerais.


Bombi: (7) Dispuxo de non moitos minutos pero estivo bn en defensa, tivo alguns momentos de tolería pero nada importante, case marca unha espectacular volea rexeitada por un defensa.


Moreira: (7) Saiu moi dormido pero co paso do tempo foi gañando en perigrosidade, con moita ansia de gol pero non foi quen de marcar.


Ligón: (7.5) tampouco dispuxo de moitos minutos, estivo ben regateando con soltura pese a súa lesión, anotou un gol e fallou un a porta valeira, a unica pega foi o seu individualismo.


Antoñito: (10) este foi o crack da semana, debutando na portería estivo moi seguro durante todo o partido facendo algunhas intervencions estelares, tivo unha gran saida nun corner adiantandose a todos e agarrando a cabeza de Moreira xD

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet