Cando J.Re (Suso Recouso, actual adestrador do HFS) aceptou o cargo, comentou na súa primeira rolda de prensa que o seu obxectivo non é gañar títulos có equipo, senón aparecer coma mellor adestrador do equipo na enquisa que o clube puxo na web.
Pero Suso teráo difícil, xa que na primeira enquisa, xa pechada, que se puxo nesta web, os resultados son abrumadores: Marcos Gregores conseguíu máis do 50 % dos votos coma mellor adestrador, por diante de Uxío Villar e Chisco Arosa (os primeiros adestradores do clube, que conseguíron o ascenso a Primeira División có equipo) que obtiveron entre os dous o 22 % dos votos, e tamén diante de Rafael Cendón "Fuchi", que foi o adestrador máis efímero do equipo (Lembremos que só adestrou ao Hispanidade durante unha semana, no Trofeo de Bouzas, no que o Hispanidade coroouse campión, e onde Marcos Gregores debutou coma adestrador xunto a Fuchi), que conseguíu o 18% dos votos.
Marcos Gregores, que xogou durante anos para o Rápido de Pereiró nunhas flamantes campañas nas que o equipo quedaba pola zona media da táboa, todo un éxito. Xogou tamén no histórico CARNNOVA 2000 FS, as dúas tempadas de existencia do clube, no que tivo moi boas estadísticas antes de ter unha grave lesión no nocello, o que fixo que deixase o fútbol profesional para ocupa-lo banquiño do HISPANIDADE FÚTBOL SALA.
Imaxe da cena na que Marcos anunciou que deixaba o fútbol en activo para adicarse a adestrar ao Hispanidade
MELLOR XOGADOR:
Na enquisa de Mellor Xogador, Nes (38%) gañoulle a Sito (31%) con 28 votos. Nesta enquisa participaron 72 persoas e despois de Nes e Sito, a opción de "Outro Xogador" foi a máis votada, co 30% e 22 votos. Despois tamén quedaron Jaime Agujetas (13%) e Diego Bueno (10%).
MELLOR XOGADOR EN DEFENSA:
Esta enquisa estivo apretada ata o final e foi Antón quen se levou o gato ao auga, sendo considerado polos visitantes da web coma o mellor defensa da Historia do Hispanidade (43% dos votos) e seguido de cerca por Aldo co 41% dos votos. Despois quedou Raúl co 10% e Bertolito e Dre que entre os dous sumaron o 3%.
MELLOR XOGADOR EN ATAQUE:
Para os nosos lectores foi Jaime Agujetas o mellor atacante do Hispanidade, co 43% dos votos, por diante de Nes co 35 % e Estévez, Berto Sánchez e Vene.
No hay comentarios:
Publicar un comentario