Tí es @ visitante número:
12.11.07
Xornada 3
O Hispanidade soubo remontar unha desvintaxe de 4-0 na primeira metade, xa que saíu dormido e entre Jony e Fabio o Fonte do Galo púxose por diante. Con golazos de Germán, Álex o Feo, Álex o Guapo, Moreira (que o sábado estivo moi acertado) o Hispanidade recurtou diferencias e mesmo goleou ao equipo local, chegando, na segunda parte, a ter un parcial de 4-10. Logo Jony encargouse de recurtar distancias e materializar tres goles que maquillaban o resultado do seu equipo.
Pola parte do Hispanidade debutaron hoxe cun papel discreto Álex e Antonio (o segundo aínda marcou un golazo nos poucos minutos que lle deron os adestradores) e tamén Dani, o gardamallas, que fixo un moi bó partido e acabou mancado, tendo que xogar de porteiro Antonio os derradeiros minutos.
NOTAS MARCA:
Dani: 7. Estivo lento nos primeiros goles pero soubo reaccionar a tempo a aportou seguridade ao equipo.
Germán: 8. Deleitouse hoxe cun par de goles excepcionais e estivo perfecto en ataque, aínda que o Capitán hoxe descuidou un pouco a defensa.
Alexis: 8. Levou o mando do equipo e aportou moita calidade.
Álex o Feo: 7. Hoxe fixo un gran desgaste cubriendo a Jony e marcou dous auténticos golazos.
Moreira: 8. Destapouse como goleador (fixo tres e puido marcar tres máis) e aguantou ben o balón cando foi necesario.
Antonio: 6. Xogou pouco pero ben, andaba un pouco nervioso polo seu debut pero rexarciuse cun gran gol pola escadra.
Álex: 10. O crack do partido. Gran debut dun Álex máis para o equipo, que despexaba ata de cabeza e xogaba cós cordóns desatados se facía falla.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario