Tí es @ visitante número:

15.11.07

Polo Noso Presidente


Na foto o Presidente Aldo Dagraza ( izq ) nunha cumbre polo deporte abrazado ó conselleiro de deportes Anton B. Conde ( dch )




O martes día 13 de novembro de 2007 o noso presidente don Aldo Dagraza Valverde atopábase como de costume adestrando co equipo para o cal exerce como xogador, o Coruxo FC; e nese adestramento rutinario, o noso presidente, ocupando o seu posto na portería sufriu un duro percance que sen dúbida evoca arrepíos os nosos corpos.



Nun lance do adestramento Aldo tivo a mala fortuna de que un pé quedárase trabado no chan o estirarse e iso provocou o desplazamento de todo o peso do corpo nesa zona, o que tivo como consecuencia a desgracia dunha rotura de tibia e peroné case a altura do nocello...





Hoxe xoves, fontes alleas o clube, achegaron a información de que Aldo sería operado no Hospital Povisa.



Sen dúbida este percance manteráno moito tempo apartado dos terreos de xogo, estímase que entre 4 e 6 meses, o que supón un novo obstáculo na dura tempada que estaba a vivir como xogador.




Dende o seno do clube preténdese mandar o apoio de todo o plantel e corpo técnico, así como dos patrocinadores. O plantel ten programada unha visita a sala 453 do hospital Povisa, na cal encontrase Aldo Dagraza Valverde, alí fárase entrega dun agasallo por parte do plantel e do corpo técnico, aínda que o maior agasallo que o HFS- Cfé Sur pódelle ofrecer o seu presidente é sen dúbida algunha unha victoria frente o Peñas Treboada que lle permita subir postos na clasificación e seguir asi adiante coa súa escalada cára o primeiro posto.






Ánimo Aldo, o Hispanidad está contigo!



Imaxe de arquivo: Aldo flamantemente traxeado (izq.) xunto

ao que fora durante anos o hooligan nº 1 do Hispanidade Fútbol Sala, Roi G.

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet