Tí es @ visitante número:

1.12.07

Xornada 6



ESTE HISPANIDADE VENCE CON CLARIDADE AO MOSTEIRO


O CDM é o clube có que máis veces se enfrontou o Hispanidade, co de hoxe xa van seis encontros (5 de Liga e un de Copa). O balance ata o momento era de tres vitorias amarelas, un empate e unha vitoria hispanidense. Pero os encontros sempre tiñan o seu morbo polos constantes roubos arbitrais que recibiu no campo de Bembrive nos dous primeiros anos o equipo. Hoxe o partido tivo outra historia, o Hispanidade pasou por riba dos de Bembrive con moita claridade.



Na primeira metade marcáronse catro goles (dous Moreira e dous Marcos) e na segunda outros catro (un Germán, un Marcos e dous Penalex). O Mosteiro pechouse atrás e o Hispanidade non pasou apuros atrás, é máis, puido irse do Colexio Mosteiro cunha vantaxe moito máis ampla.



O CAMPO



O Hispanidade leva dous partidos seguidos en campos descubertos e con mal tempo. O sábado pasado xogou na pista de San Martiño sen maior problema, pero o estado do "campo" do colexio Mosteiro no día de hoxe non é normal para xogar un partido de Primeira División. O árbitro só contou 20 minutos de cada parte para que non houbese disgustos e os xogadores participaron con moito coidado no encontro para non matarse, literalmente. A intensidade non foi a normal para un partido de esta categoría, e o pior é que o seguinte encontro, en pleno decembro, será no campo do Carmelitas... Deus nos libre.



OS XOGADORES, UN POR UN



Germán:
hoxe o capitán multiusos fixo de porteiro na primeira metade e de dianteiro centro na segunda. Como porteiro non tivo traballo ningún e como dianteiro fixo moi bo traballo e marcou un bonito gol. 8.


Álex Iglesias:
pese a desafiar ao corpo técnico e dicir que él con esa chuvia non saía ao campo, foi titular e case foi o home do partido, faltoulle o gol. Fixo "ruletas", taconazos, bicicletas, etc. Todo un crack: 9.


Diego:
moi bo traballo defensivo na primeira metade e na segunda tivo menos protagonismo. 7.


Bombi:
cada día está máis seguro atrás, e hoxe incluso deu uns pases en profundidade que non encontraron a portería. Unha boa asistencia a Marcos. 8.


Moreira:
na primeira metade xogou de ala pola banda esquerda e fixo moi ben o seu traballo, marcando dous goles e facendo boas labores de presión. Na segunda metade xogou de porteiro e fixo unhas intervencións de moitísimo mérito, as mellores paradas da Liga. 9,5.


Marcos:
obcecouse un pouco con marcar, e así fixo un hat-trick. Puidolle a presión de ter ao seu pai animando aos contrarios na grada, aínda así levou moito perigo á portería contraria. 8.


Penalex:
hoxe non deu tanta pena e marcou dous golazos, fixo un bó partido, na súa liña. 8.
HFS

No hay comentarios:

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet